Partido Popular de Lugo

Cubillas alerta do desvalixamento da báscula de camións e critica que o Concello aínda non resparase os desperfectos ocasionados polos vándalos

19, setembro, 2019. O voceiro do PP en Láncara, Santiago Cubillas, pide ao goberno local que arranxe a báscula de camións, que ven de ser saqueada por actos vandálicos. E é que esta prestación, concretamente, a unidade na que se introducen as moedas para facer uso da mesma, non só foi desvalixada, senón que quedou totalmente inservible.

 

Os populares urxen ao alcalde a emprender os trámites “que sexan necesarios” para que esta dependencia entre en servizo no menor tempo posible, ao tempo que lle piden que leve a cabo as medidas de protección recomendables para que un suceso destas características non volva acontecer.

 

“A báscula leva meses así e cremos que non pode continuar neste estado. É un servizo necesario para os gandeiros, polo que o Concello xa debía de tela amañada, sen ter que saír o Partido Popular a pedilo. Isto demostra como actúa o alcalde, que só resposta a golpe de presión e logo das moitas iniciativa do PP”, apunta Cubillas.

 

A colocación da báscula “xa naceu con polémica”. Os populares no seu día opuxéranse ao emprezamento desta dotación, pois esta situada no monte de Trasliste, unha zona pouco céntrica e sen estradas principais.

 

Precisamente, ao non estar colocada paralela á estrada, os vehículos vense na obriga de realizar máis manobras, chegando incluso a ter que entrar e saír marcha atrás. En total, a entidade local destinou a esta actución uns 40.000 euros; pois tamén houbo que asumir o custo que supuxo levar o subministro eléctrico dende o propio núcleo de Trasliste ata o monte no que se atopa a báscula. “O alcalde non fixo caso no seu día das nosas peticións de que era máis recomendable outra ubicación con mellores accesos. Quizais isto evitaría actos como os acontecidos. Con todo, unha vez que decidiu tirar para adiante, cando menos debe de preocuparse de tela en boas condicións. É o mínimo”, conclúe.