Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte advirte que o Concello conta con 400.000 euros de gasto que non cumpren coa legalidade esixida

8, setembro, 2019. O PP de Monforte advirte que o Concello conta con 400.000 euros de gasto que non cumpren coa legalidade esixida, o que demostra, segundo sinala a voceira, Katherinie Varela, que o Goberno local adolece “dunha xestión, cando menos, correcta administrativamente, nada máis iniciarse o novo mandato”.

 

No último Pleno, celebrado o 29 de xuño, elevouse por parte do servizo de Intervención reparos de gasto por importe de 390.182,66 €, producidos dende maio a xullo. Esta figura administrativa constitúe un mecanismo de control “importantísimo”, a través do que o funcionario responsable fiscaliza que os pagos efectuados cumpran a lexislación vixente. Dada esta circunstancia, os populares amósanse “sorprendidos” e adiantan o seu compromiso “de seguir moi de preto a xestión dos socialistas”. Tal é así que, na actualidade, xa están analizando cada un dos reparos, co fin de comprobar se se produciu algunha irregularidade relevante que xere incluso unha investigación penal. E é que hai gastos, que pola súa continuidade no tempo e pola súa natureza, como poden ser os servizos de ascensores ou de alarmas, deberían estar sustentados por un expediente de contratación administrativo que non existe.

 

Por este motivo, adiantan que “traballaremos a fondo para que o Goberno local cumpra coa lei” e levarán a Pleno as mocións oportunas para que se inicien os expedientes de contratación neste senso, denunciados calquera ilegalidade que xurda, se fose este o caso.