Partido Popular de Lugo

O PP de Burela adianta que a Xunta de Galicia mellorará o centro de saúde de atención primaria

O Partido Popular de Burela adianta que a Xunta de Galicia mellorará o centro de saúde de atención primaria, polo que “unha vez máis o Executivo de Feijóo volve a cumprir co noso concello”. Nesta ocasión cunha solicitude realizada polos populares ao propio Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, na súa última visita ao Hospital da Mariña. Nesta petición fíxose eco das peticións efectuadas polos veciños para a mellora destas instalacións sanitarias.

 

“Así no lo trasladou o Delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, nunha recente visita á nosa vila. Dita obra terá un orzamento arredor de 75.000 euros e a mesma, que comezará pola reparación da fachada, empezará a vindeira semana”, así o asegurou Manuel Rouco.

 

Mentres, “o goberno en funcións do señor Llano segue a ralentín, a pesares de que el se empeña en afirmar que están a traballar duramente”. “As solucións para os problemas nos que se ve sumida Burela seguen a vir da man do Partido Popular. A semana pasada, sen ir máis lonxe, o propio Balseiro veu presentar o proxecto de mellora da estación intermodal de Burela, obra na que se van a investir 70.000 euros”. “Os 4 millóns de euros xa aportados pola Xunta de Galicia no que vai de ano para a mellora da vida dos bureleses, seguen a medrar semana a semana”, manifesta Rouco.

 

O PP de Burela “demostra ser, unha vez máis, un mediador eficaz e necesario en todas estas inversións de presente e futuro, reais e necesarias, para o noso pobo”.

 

Outros, están máis preocupados polo concelleiro en liza na mesa do Perdouro