Partido Popular de Lugo

Os deputados no Congreso esixen ao Goberno en funcións que precise como lle vai afectar á provincia o pago de autovías que planea o PSOE

Os deputados de Lugo no Congreso, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, esixen ao Goberno que precise como lle vai afectar á provincia o pago de autovías que planea o Executivo de Pedro Sánchez. Será a través da iniciativa que veñen de rexistrar, e na que os populares tamén demandarán que o Executivo aclare quenes serán os colectivos que se verán afectados pola imposición desta taxa, así como o importe total a abonar por un usuario medio en cada unha das vías que se someterían a pago.

 

E é que ao igual que está acontecendo en todo o país, Lugo tampouco se vai a ver libre de peaxe que o Goberno en funcións pretende impoñer a todos os españois para circular por autovías gratuítas, e que, no caso da provincia, son as A-8 e A-6. En total, e de aplicarse esta medida, serían 215 quilómetros os que se verían afectados, 110 na segunda e 105 na do Cantábrico.

 

Deste xeito, os populares censuran a decisión de Sánchez de crear un novo gravame, ao tempo que consideran “necesario” que se explique as condicións que leva implícitas a aplicación desta taxa, pois a afectará negativamente a colectivos tan importantes como o transporte ou a industrias.

 

“Continúa con este globo sonda, sendo moi alarmante que non explique cal é a súa proposta, contías ou recorridos afectados. Consideramos que non é de recibo que aínda non se dixese se van pagar os autónomos, os transportistas, os gandeiros, os xubilados….. Aínda que digan que será algo simbólico, o que pretenden facer é unha suba de impostos en toda regra”, alertan.

 

Por este motivo, os deputados lucenses presentaron dita iniciativa e recoñecen estar “profundamente preocupados pola deriva na que está sumida a política impositora de Sánchez”, e que xa a ter consecuencias “claramente negativas e prexudicais para a economía dos españois e o futuro do país”.

 

 

A este respecto, engaden que “o  que agardamos os lucenses e os galegos en xeral é que Sánchez lle transfira á Xunta os 700 millóns que lle adebeda; diñeiro que, na súa maior parte, se destina á Sanidade, Educación e Servizos Sociais e non un incremento de impostos en forma peaxe en autovías”.