Partido Popular de Lugo

Os socorristas de Barreiros ameazan con deixar o posto de traballo e incluso recorrer á vía xudicial debido “ao ninguneo” do novo equipo de goberno

18, xullo, 2019. O Partido Popular de Barreiros, que lidera Alfonso Fuente Parga, alerta de que os socorristas que prestan o seu servizo nos areais deste municipio, “están a piques de abandonar os seus postos de traballo debido á descoordinació que existe entre o coordinador do servizo e os responsables do Concello”. Tal é así, que estes profesionais, por mor do “ninguneo” do equipo de goberno, e segundo o escrito que se adxunta, non desbotan a posibilidade de recurrir á vía xudicial no caso de que a entidade local non subsane a situación.

 

Estes efectivos mantiveron esta mesma mañá outra a xuntanza coa alcaldesa para trasladarlle novamente esta cuestión, que vén motivada pola modificación do acordo ao que chegaron co coordinador nas horas extras pactadas inicialmente, e que obrigou ao servizo a pechar un total de 6 das 13 praias coas que conta este concello, deixando a algún compañeiro sen apoio.

 

A maiores, tamén trasladaron á nacionalista que carecen dos medios necesarios despois de tres semanas de traballo, e tampouco teñen casetos donde realizar curas e refuxiarse, así como agua corriente. É precisamente esta situación, e diante a falta de resposta que os faga sentirse respaldados, polo que están barallando a posibilidade de renunciar ao contrato e presentar o recurso indicado anteriormente.

Os profesionais afectados, segundo lle trasladaron ao PP, non se senten “apoiados nin polo coordinador do servizo, nin pola alcaldesa, e vense ante unha situación de total indefensión e que repercute nos bañistas”, polo que están barallando a posibilidade de renunciar ao contrato e presentar o recurso indicado anteriormente.

 

O PP, cos socorristas

O popular faise eco así das demandas destes “excelentes profesionais” e pídelle ao goberno local “que exerza a súa responsabilidade, pois ser alcalde non só é sentarse, senón que é gobernar e xestionar”. Fuente Parga traslada publicamente o apoio persoal e do grupo que dirixe a estes efectivos e manifesta que “isto nunca pasou en Barreiros”. “O Concello sempre fixo unha xestión correcta deste servizo que é tan necesario nesta época”, remarca.