Partido Popular de Lugo

Candia: “máis que ilusionarnos cun proxecto, o presidente da Deputación aproveitou o discurso para criticar ao compañeiro saínte”

18, xullo, 2019. “Máis que ilusionarnos cun proxecto, o presidente da Deputación aproveitou o discurso para criticar ao compañeiro saínte”. Así o destaca a deputada do PP, Elena Candia, unha vez rematado o acto de constitución da nova Corporación provincial, asegurando que “dende o Grupo Popular traballaremos dende a responsabilidade, a coherencia e aproveitando a experiencia da man dun proxecto claro”. Nese senso, lamenta que “PSOE e BNG rexeitaran escoitar o proxecto de provincia que lles presentaba o Partido Popular, o partido máis votado polos lucenses e que ten un proxecto serio dirixido a mellorar a nosa provincia”.

 

Así mesmo, lembra que “a un día antes de constituírse a Deputación o que lles preocupaba era o reparto de sillóns tal e como puidemos comprobar onte a través dos medios, pero pouco coñecemos das prioridades que estableceron para a provincia e das necesidades que pensan atender. Parece que o único que pretenden é ter unha arma política contra a Xunta gobernada polo PP”, engade.

 

“O presidente do partido co peor resultado”

Elena Candia manifesta así que “a Deputación conta dende hoxe cun presidente do partido que obtivo o peor resultado dende o 2007 e, polo tanto, que conta con menos respaldo das urnas”. Nese sentido, cre que “é o presidente más débil e con peores formas. Non en van, o seu valedor, o presidente da xestora dos socialistas na nosa provincia, está sendo cuestionado incluso por un dos seus propios deputados que asegura ter probas na súa contra”.

 

“O PSOE ten menos deputados na que nos pasados mandatos e chega á presidencia da institución provincial grazas a un acordo co BNG a costa, probablemente, de prezos que non coñecemos”, insiste.

 

Compromiso de traballo pola provincia

Con todo, os populares felicitan ao presidente e amósanlle “o noso respecto institucional” manifestando que “o Grupo Popular traballará dende o compromiso coa provincia”.