Partido Popular de Lugo

O PP de Cervantes cre “excesivo” que o Concello pague en salarios de políticos máis de 53.000 euros anuais, “cando non se lles vei no traballo”

12, xullo, 2019. O Partido Popular de Cervantes, que lidera Javier Santín, considera “excesivo” que este Concello pague en salarios de políticos máis de 53.000 euros anuais, cando “non se lles vei no traballo”. O popular critica “esta habilitade dos socialistas para crear soldos”, cando, sen embargo, renunciaron a que se creasen dez postos de traballo no municipio, ao non pedir unha segunda brigada contraincendios da Xunta ou, por segundo ano consecutivo, non solicitaron o convenio de desbroces bonificados da FEGAMP, SEAGA e Medio Rural.

 

“Xa sabiamos que isto en campaña electoral non o ían a dicir, pero a experiencia non só nos di que cobran por non facer nada -non hai máis que ver que non supervisaron a mellora que se fixo hai sete meses na pista municipal de Noceda-, senón que agoran desperdician a oportunidade de que se creen postos de traballo en Cervantes”, remarca Santín.

 

Concretamente, as asignacións que terá o goberno socialista son: unha exclusiva de 29.400 euros para o rexedor, unha dedicación parcial de 5.950 euros para o tenente de alcalde e outra media de nova creación para o concelleiro de Vías e Obras, de 7.000 euros anuais. En total, máis de 42.000 euros brutos anuais, aos que hai que sumar o 25 ou 30% que o Concello paga á Seguridade Social por estas contratacións. En total, case dez millóns das antigas pesetas, que tamén se verán incrementados coas dietas.

 

“Clama ao ceo. Xa vemos cales son as súas prioridades”, afirma. E é que, “por primeira vez na historia, son dous os concelleiros, máis os alcalde, os que cobran directamente do Concello”, é dicir, o 50% dos edís socialistas. O grupo do PSOE conta con seis persoas con representación na Corporación municipal.

 

Por este motivo, os populares votaron en contra das dúas dedicacións parciais, Vías e Obras e Educación, Cultura e Deporte, xa que supón, segundo advirte o popular, “un gasto esaxerado para un Concello como o noso, de menos de 5.000 habitantes e no que o Orzamento debe de ser destinado á dotación e mantemento de servizos e non a engordar os bolsillos dos concelleiros”.

 

O Concello, “a galiña dos ovos de ouro”

“Parecemos a galiña dos ovos de ouro. Isto é algo inaudito”, sobre todo, apunta o popular, “porque co ritmo demográfico que levamos terminaremos por estar por debaixo dos mil habitantes en non moitos anos. Por tanto, manter estes tres soldos é unha esaxeración sen precedentes”, remarca.

 

E é que o goberno local tamén modificou “por conta propia” a programación das Xuntas de Goberno e dos Plenos. A partir de agora, as primeiras serán os xoves e o segundos os mércores, cando antes se celebraban as dúas sesións no mesmo día. Isto implica, explica Santín, que os edís, que forman parte da primeira Comisión e da sesión plenaria, “cobren por dous días, mentres que antes só o facían por un”. Para o voceiro do PP isto “só ten un nome, despilfarro”.