Partido Popular de Lugo

O PP de A Rábade pide que o alcalde explique publicamente os motivos polos que non soliticou o convenio contraincendios

11, xullo, 2019. O Partido Popular de Rábade pide que o alcalde desta localidade explique publicamente os motivos polos que non soliticou adherirse ao convenio de colaboración que pon a disposición dos Concellos a Xunta de Galicia para reforzar o servizo municipal de prevención e extinción de incendios.

 

Para a voceira popular, Remedios González, “isto é moi grave e non existe ningunha razón que xustifique esta decisión”. Tal é así que lamenta que “o alcalde deixe tirados así aos veciños”. “Estamos nunha época de alto risco de incendios. Calquera alcalde no seu sano xuízo aceptaría todos os servizos que se ofrezan para reducir os lumes, procedan estes da Xunta, do Goberno, ou de onde sexa”, indica.

 

González atribúe esta decisión a que “Fernández Montes non prioriza aos veciños”. “O que está mirando é quen concede estas axudas. Como a Xunta non lle interesa, rexeita o convenio. É unha mágoa que un alcalde teñan tan pouca altura política”, remarca.

 

Por este motivo, considera que o rexedor debe dar explicacións aos veciños da non adhesión, pois o Goberno galego “non discrimina a ninguén”. Todos os municipios que a solicitan, “son aceptados nas mesmas condicións e reciben os mesmos medios”, polo que “se Rábade non ten brigadas ou motobombas é porque o alcalde non quixo”, matiza González.

 

Concretamente, o Executivo de Feijóo achega un investimento de máis de 3 millóns de euros á provincia destinados á contratar o persoal que conforma as brigadas municipais, apoiar o funcionamento das motobombas e/ou financiar a execución de desbroces.