Partido Popular de Lugo

Os populares de Sarria poñen en valor o apoio do Goberno galego ao Centro de Información á Muller con 56.000 euros

9, xullo, 2019. Os populares de Sarria consideran “extraordinarias e necesarias” as iniciativas da Xunta de Galicia para o fomento da igualdade. Así, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, achega 56.000 euros para apoiar o funcionamento do Centro de información á Muller (CIM) do Concello de Sarria e que tamén presta atención ás mulleres dos concellos de Láncara, O Páramo, Paradela e Samos co obxectivo de “traballar na sensibilización da igualdade” e “de cara a atallar a violencia de xénero”.

 

O Goberno galego dirixe, entre estas achegas para a promoción da igualdade, unha maior dotación orzamentaria para dar apoio aos CIM; xa que reciben preto de 500.000 euros na nosa provincia. Estas achegas diríxense a financiar os costes do persoal que traballa nestes centros tanto nos postos de dirección coma nos departamentos de asesoramento xurídico, atención psicolóxica ou para os axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

 

Dende o PP queren así poñer en valor esta medida que lidera o Executivo Galego en beneficio das mulleres. “Todo o que se faga en materia de prevención de violencia machista ou na dirección de garantir a igualdade sempre é necesario e recibido de bo grado”, conclúen.