Partido Popular de Lugo

O alcalde de Láncara minte cando asegura que a súa asignación salarial foi consensuada co PP

3, xullo, 2019. O voceiro do PP de Láncara, Santiago Cubillas, asegura que o alcalde minte cando asegura que a súa asignación salarial foi consensuada co grupo municipal popular. Cubillas considera deste xeito que “a desfachatez” do socialista “non ten límites”, xa que “en ningún momento aprobamos que Piñeiro vaia a percibir máis de 5 millóns das antigas pesetas”.

 

Entre outras cuestións, o popular defende que non poden dar o visto e prace a este salario, pois, ademais de ser “excesivo”, xa que é un 36% superior ao de 2015, supón un elevado custo ás arcas municipais. Ademais dos 32.000 euros de soldo, hai que sumarlle os 10.600 que a entidade local paga á Seguridade Social polo socialista.

 

Por se isto fose pouco, o rexedor usa para “fins persoais” o coche do Concello, o que supón, en palabras de Cubillas, “que non se pode ser máis aproveitado”. Por este motivo, o popular pídelle ao alcalde que se o quere seguir usando que o inclúa como retribución en especie. “Parécenos o mínimo”, insiste.

 

Neste senso, o popular recoñece que “estamos realmente sorprendidos de ata onde pode chegar Piñeiro. Minte descaradamente, a pesares de subirse o soldo e usar os medios públicos para uso e desfrute del”. Por iso, dende o PP o que queren é deixar claro é “que nós nos seus intereses non pactamos nada”. Tal é asi que, engade, “se eu fose el, caeríaseme a cara de vergoña por faltar a verdade deste xeito”.