18, xuño, 2019. A dirección provincial do PP, que ostenta Elena Candia, decidiu nomear a Katherinie Varela presidenta da xestora en Monforte. Katherinie foi a candidata á Alcaldía polo PP nas pasadas eleccións do 26 de maio e será tamén a voceira do Grupo Municipal do PP neste mandato que vén de comezar.
Katherinie tomou posesión do seu cargo como concelleira o pasado sábado, xunto con Roberto Eireos, Manuel Rodríguez e Víctor Rodríguez.
A popular asume a presidencia da xestora en substitución de Miguel Lemos, quen puxera o seu cargo a disposición do partido. Nesta nova etapa Katherinie Varela espera conformar un equipo de traballo plural que sexa capaz de sumar todas as tendencias e sensibilidades dentro do Partido Popular.
“Traballaremos desde o minuto un na organización do partido, contando con todos os que queiran sumarse a este proxecto e facendo un labor de oposición responsable e comprometida que repercuta directamente en todos os veciños e veciñas”, precisa.