10, xuño, 2019. O Partido Popular de Burela, que dirixe Manuel Rouco, agradece a colaboración económica da Xunta de Galicia para garantir a seguridade nas praias coa contratación de 8 socorristas. A duración do contrato é de tres meses de duración e o persoal ofrecerá un servizo completo de vixilancia e salvamento nas praias.
Dende o PP consideran que se trata dunha “iniciativa necesaria, pois somos unha zona turística que cada vez está a ser máis demandada por visitantes doutras zonas e doutras Comunidades”; de aí que todas as actuacións que se poñan en marcha de cara a manter en bo estado e a protección nos areais e sexa unha cuestión que os populares cualifican “de primeira orde”.
O Goberno galego pon a disposición das entidades locais esta medida cada anualidade. Só dende 2007 o investimento realizado ao abeiro desta iniciativa no conxunto da provincia é de 1 millón de euros.