29, maio, 2019. Os populares da comarca de Sarria destacan que, grazas ás últimas axudas do Goberno de Feijóo, os Concellos realizarán obras por valor de preto de 108.000 euros. En total, son catro as entidades locais perceptoras desta inxección económica.
Unha vez publicadas estas liñas de subvencións -do Fondo de Compensación Ambiental, e de Infraestruturas, Dotacións, Instalacións e Equipamentos para Servizos Municipios-, os populares gaban a xestión do Executivo autonómico, pois “vén a demostrar o seu compromiso público e notorio coa nosa comarca”.
Deste xeito, Láncara, O Páramo, Paradela e Triacastela executarán actuacións relacionadas coa mellora de accesos a núcleos rurais e o acondicionamento de rutas de sendeirismo. Pero, tamén se beneficiarán de axudas para a adquisición dun vehículo 4×4 para esparexer sal e de apeiros para a roza.
Dado o esforzo inversor da administración autonómica, dende o PP poñen en valor “a colaboración da administración autonómica cos Concellos facendo chegar fondos públicos ás entidades locais, as máis próximas aos veciños e veciñas, que xestionan iniciativas en beneficio de todos e todas”.