Partido Popular de Lugo

Os concellos da comarca de Lugo benefícianse de máis de 231.000 euros en axudas do Goberno autonómico que lidera Feijóo para acometer obras

29, maio, 2019. Os populares da comarca de Lugo destacan que, grazas ás últimas axudas do Goberno de Feijóo, os Concellos realizarán obras por valor de máis de 231.000 euros. En total, son cinco as entidades locais perceptoras desta inxección económica.

 

Unha vez publicadas estas liñas de subvencións -do Fondo de Compensación Ambiental, e de Infraestruturas, Dotacións, Instalacións e Equipamentos para Servizos Municipios-, os populares gaban a xestión do Executivo autonómico, pois “vén a demostrar o seu compromiso público e notorio coa nosa comarca”.

 

Deste xeito, os Concellos de Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo –en solitario e tamén en colaboración co de Láncara- e Portomarín executarán actuacións relacionadas coa mellora do abastecemento de auga potable, o saneamento e recollida de augas pluviais, o acondicionamento de accesos e vías municipais ou instalacións municipais; ademais da adquisición de maquinaria para a limpeza de vías.

 

Dado o esforzo inversor da administración autonómica, dende o PP poñen en valor “a colaboración da administración autonómica cos Concellos facendo chegar fondos públicos ás entidades locais, as máis próximas aos veciños e veciñas, que xestionan iniciativas en beneficio de todos e todas”.