Partido Popular de Lugo

Óscar Rodríguez remata a campaña na rúa, convencido de que o seu proxecto “permitirá a transformación de Viveiro”

24, maio, 2019. O candidato á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez Blanco, remata hoxe a campaña electoral na rúa, onde os populares seguirán ao longo de todo o día dando a coñecer o seu proxecto de futuro para a cidade. O cabeza de lista amósase convencido de que o seu programa permitirá “a transformación de Viveiro nos vindeiros catro anos”.

 

Así, ademais de dar a coñecer o seu programa ‘porta a porta’ e ‘rúa a rúa’, os populares botaron man das redes sociais, con presenza en Facebook, Twitter e Instagram, e dunha pantalla instalada nun local da céntrica Rúa Margarita Pardo de Cela para difundir as súas propostas entre o maior número de xente posible. Accións que se suman ás múltiples reunións, encontros e visitas que mantiveron en parroquias e barrios da cidade.

 

Humanización de espazos públicos

A través dun vídeo promocional e dunha infografía evidencian que Viveiro viviría unha importante transformación, “un antes e un despois” que tería como un dos eixos prioritarios de actuación a humanización dos espazos públicos cidade.

 

O popular enumera unha batería de medidas a levar a cabo entre as que se atopa:

 

  • A mellora do bordo litoral,

  • A creación dunha zona de ocio e xuventude na contorna do antigo Casino,

  • A mellora dos xardíns Noriega Varela,

  • A pavimentación e mellora da Rúa de acceso á praia de Celeiro,

  • A reordenación do tráfico e a creación de espazos peonís e para mascotas na Avenida Misericordia,

  • A humanización da Avenida Cantarrana en Covas ou

  • O acondicionamento do aparcadoiro do Porto de Viveiro.

 

 

O candidato á alcaldía agradece a boa acollida que tiveron el e o seu equipo na súa intención de achegar o seu proxecto á cidadanía e confía en que os veciños e veciñas lle dean o seu apoio o vindeiro domingo.