Partido Popular de Lugo

Os concellos da Montaña benefícianse de preto de 265.000 euros en axudas do Goberno de Feijóo para realizar distintas obras

24, maio, 2019. Os populares da Montaña destacan que, grazas ás últimas axudas do Goberno de Feijóo, os Concellos realizarán obras por valor de preto de 265.000 euros. En total, oito entidades locais son as perceptoras desta inxección económica.

 

Unha vez publicadas estas liñas de subvencións -do Fondo de Compensación Ambiental, e de Infraestruturas, Dotacións, Instalacións e Equipamentos para Servizos Municipios-, os candidatos populares gaban a xestión do Executivo autonómico, pois “vén a demostrar o seu compromiso público e notorio coa nosa comarca”.

 

Deste xeito, A Fonsagrada, Baleira, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro executarán actuacións relacionadas coa mellora de traídas de auga, pavimentación de camiños, alumeado público, instalacións eléctricas e medidas de eficiencia enerxética, a creación dun punto de recollida de voluminosos. Pero, tamén se beneficiarán de axudas para a adquisición dun vehículo 4×4 para esparexer sal e doutro vehículo híbrido para diferentes servizos medioambientais.

 

Dado o esforzo inversor da administración autonómica, os cabezas de lista poñen en valor a importancia de que este domingo “os veciños apoien ao Partido Popular, xa que é a única formación que fai rendibles as administracións, xestionando e facendo útiles os fondos públicos”.