Partido Popular de Lugo

Santiago Cubillas: “Os gobernos do PP sempre cumpren con Láncara”

23, maio, 2019. O candidato á alcaldía de Láncara, Santiago Cubillas, amosa a súa satisfacción e agradecemento á Xunta de Galicia pola licitación das obras da senda peonil de A Pobra. En total, o Executivo de Feijóo investirá nesta actuación 728.000 euros, que supón “unha vella demanda dos veciños” e que pon en valor, engade o popular, que “os gobernos do PP sempre cumpren con Láncara”.

 

Deste xeito, o cabeza de lista adianta que “para aqueles que sempre poñen en dúbida a xestión da Xunta de Galicia, aquí teñen a proba de que os dirixentes do Partido Popular son capaces de traducir en realidades os anuncios”. Cubillas remarca así que, fronte “á política continua de imaxe dos socialistas e do socialismo”, “no PP predomina a seriedade e o rigor”.

 

“A día hoxe, a ningún veciño se lle escapa que, dende a nosa formación, traballamos para traer novos investimentos. Esta foi unha petición do grupo ao que represento, por iso, a satisfacción é aínda máis grande”. E todo elo, defende o alcaldable, “a pesares de que o alcalde non puxo a disposición da Xunta os terreos. Esta é a diferencia. O socialista comprométese publicamente e logo non fai o que di. O PP, pola contra, pide polos veciños de Láncara e consegue que as administracións se impliquen e fagan as obras”, insiste.

 

Alcalde mentiroso

“O alcalde é como o cuco que aproveita o nido feito por outros paxaros para incubar os seus ovos. O Sr. Darío anda vendendo obras que lle pertencen a outras administracións. Menos mal que xa non engana a ninguén”. Pero, é que ademais, o socialista “minte cando di que colleu o Concello endebedado”. Proba delo, é que segundo indica a acta de arqueo emitida polo propio secretario municipal, cando Piñeiro tomou posesión, a entidade local contaba con máis de 800.000 euros de remanentes de tesoureiría.

Por todo elo, Cubillas adianta que, se acada a confianza necesaria na urnas o día 26, “seguirei traballando dende a posición de alcalde para seguir mellorando o concello e dando resposta ás peticións que me fagan os veciños, facéndoas realidade e, por suposto, fareino sen mentir”, conclúe.