Partido Popular de Lugo

Óscar Rodríguez anuncia a posta en marcha do Servizo Municipal de Deportes

23, maio, 2019. O candidato á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez Blanco, mantivo onte unha xuntanza coas asociacións e clubs deportivos da cidade na que anunciou que, se chega ao Goberno local, porá en marcha o Servizo Municipal de Deportes. No encontro, o candidato estivo acompañado por Manuel Otero Méndez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, e por Pedro Esmorís.

 

Tal e como avanzou o cabeza de lista popular, o Servizo Municipal de Turismo contará con orzamento propio e cun técnico profesional que o dirixa. Haberá unha xerencia composta polo alcalde, un concelleiro e un técnico especialista. Así mesmo, constituirase un órgano consultivo representativo formado polo concelleiro de deportes, dous representantes dos CEIPS, dous representantes de clubs de deportes individuais, dous representantes de clubs de deportes de equipos, un representante do IES, dous representantes de empresas colaboradoras, dous representantes de deportistas e dous representantes de clubs federados.

 

En concreto, o servizo ocuparase de catro áreas de actuación. Por un lado, o Deporte escolar: torneos intercentros (co apoio de monitores) e axuda de material.

 

En segundo lugar, o Deporte federado mediante o apoio económico en base a baremos, organización de eventos e mellora de instalacións:

– Pistas de Tenis e Padel (Casino)

– Mellora do Campo de Fútbol de Celeiro

– Mellora do Campo de Fútbol de Cantarrana

– Acondicionamento do Pavillón

 

A terceira das áreas de actuación será a do Deporte para todos: sendeirismo, actividades para todas as idades (Ioga, pilates, entre outros), programas de saúde, etc…

 

Por último, estará o Deporte Adaptado dirixido a persoas con discapacidade física, psíquica e ou sensorial. Contará con monitores cualificados e apoio organizativo .

 

Polo xerador de emprego

O mundo do deporte, explica o candidato, será ademais un polo de creación de emprego, a través da dotación de persoal para a piscina municipal, nos pavillóns ou nos campos de fútbol coa necesidade de contar con monitores cualificados, entre outros.