Partido Popular de Lugo

Katherinie Varela ve no rural “unha fonte de oportunidades” que se ten que “atender e potenciar”

20, maio, 2019. A candidata do PP á Alcaldía de Monforte, Katherinie Varela, ve no rural “unha fonte de oportunidades” que dende a administración local “debemos saber atender e potenciar”.

 

Para a alcaldable o rural é “unha prioridade”, polo que o programa da candidatura popular “inclúe medidas dirixidas ás parroquias tanto no eido do desenvolvemento económico e demográfico, como no da mellora dos servizos públicos esenciais”.

 

En concreto, entra a batería de propostas dirixidas a potenciar e coidar o rural monfortino, Katherinie Varela anuncia a “concesión de axudas dirixidas a facilitar o desenvolvemento e a innovación no rural”. Tamén, se compromete a potenciar a existencia de consellos reguladores e así impulsar o seu produto.

 

Ademais de medidas dirixidas a fomentar o emprego e as oportunidades laborais no rural, a alcaldable defende a necesidade de actuar no urbanismo das parroquias e mellorar as infraestruturas que requiran de actuacións, tanto no que se refire a vías de comunicacións, como a espazos públicos ou mesmo a rehabilitación dalgún edificio.

 

Do mesmo xeito, a candidata do PP á alcaldía de Monforte considera que no rural “se deben garantir os servizos básicos en condicións e garantir deste xeito unha boa calidade de vida aos seus veciños e veciñas”. Neste senso, actuarase en servizos básicos como a rede de saneamento ou abastecemento de auga e revisarase o sistema de recollida de lixo co obxectivo de mellorar e conseguir un aforro significativo para os cidadáns.

De igual modo, o proxecto que encabeza Katherinie Varela tamén se interesa polo medio ambiente e polo seu coidado. Neste senso, comprométese, por exemplo, a manter a regularidade na limpeza do río e dos regatos que atravesan as diferentes parroquias.

 

Reunións cos veciños e veciñas das parroquias

A alcaldable está a manter reunións coa veciñanza das distintas parroquias para coñecer de primeira man as necesidades específicas de cada núcleo de poboación, ademais de explicarlles “e compartir con eles un programa no que o rural conta, e no que tamén se incluirán as reivindicacións que nos trasladan e que o Goberno do PSOE desatendeu”.

 

Nos últimos días a candidata e o seu equipo visitaron Santa Mariña, Distriz, Sindrán, Bascós, Caneda e Seoane, un percorrido por todas as parroquias de Monforte que seguirán esta semana.