Diante ducias de veciños, o candidato á alcaldía de A Fonsagrada, José Regueiro, trasladou que “temos un proxecto claro, pero tamén temos equipo para gañar este partido”. Deste xeito, e respaldado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o alcaldable expuxo aos veciños as principais liñas do seu programa, así como os motivos polos que “non merece a pena vota ao PSOE, logo de tantos anos de desgoberno”.
“Credes que merece a pena votar a un Partido socialista que leva gobernando 15 anos e A Fonsagrada segue como estaba?; credes que merece a pena votar ao PSOE que ahora desprega máquinas para facer un lavado de cara, mentras durante os últimos catro anos estivemos pisando baches e tapándoos con terra?; credes que é de recibo ter que pedirlle por favor ao alcalde que nos asfalte unha pista ou amañe untra traída dun pobo, ou cambie unha bombilla?; credes que merece a pena votar a un PSOE que liga o futuro da Fonsagrada á residencia da terceira idade que inaugurou en 2015 e aínda non foi quen de abrila? Ou que se acorda das piscinas cando nós as levamos demandando anos?; credes que merece a pena votar a un PSOE que en vez de crear emprego o destrúe, pois o alcalde despediu aos GES pola cabezonería, perdeu as axudas do Aprol Rural da Xunta para a contratación de persoal, ou que leva tres anos sen solicitar as axudas tamén do Goberno galego para contratar as brigadas de incendios?; credes, por tanto, que merece a pena…? Agora é o noso momento, non o deles”, afirmou.
Estrutura da acción de goberno
Por iso, de o día 26 acada a confianza dos veciños, sinalou que o que “primará en A Fonsagrada será o sentido común, a coherencia, o rigor, a honestidade e a legalidade”. Tal é así que estrutura a súa acción de goberno en cinco pilares:
PRIMEIRO: CREAR EMPREGO
Dado que este municipio ten case un 7% de paro (datos EPA abril 2019), impulsará a creación dun polígono industrial para que se poidan asentar empresas e así crear novas oportunidades laboráis; porá en marcha un plan de impostos reducidos para aquelas entidades que creen postos de traballo e inicien a actividade na Fonsagrada e, co fin de poñer tamén en contacto aos demandantes e ofertantes de emprego, creará unha bolsa pública no Concello na que se poidan anotar os perfiles profesionais e onde as empresas poidan obter información a hora de buscar traballadores.
SEGUNDO: FORTALECER O SECTOR AGROGANDEIRO
Dado o peso que ten este sector neste municipio (segundo o último censo agrario, de decembro do pasado ano, en Fonsagrada hai 5.700 animais de carne), dende a entidade local asesorarán aos veciños que voluntariamente queiran facer unha concentración parcelaria e subvencionarán os custos das permutas de fincas rústicas. Tamén aplicarán bonificacións no IBI para as vivendas habituais das persoas con grados de invalidez ou dependencia, así como familias numerosas e tamén outras de ata o 95% para infraestruturas ligadas á actividade agrogandeira.
TERCEIRO: MÁIS SERVIZOS BÁSICOS, garantindo o subministro de auga, remodelando traídas e retomando o proxecto da presa de Muradal para garantir o abastecemento a Fonsagrada e reducir os custos de bombeo actuais. Tampouco se esquecerán das estradas nin do alumeado público, reducindo o custo do consumo eléctrico e achegando a luz pública aos pobos. Asemade, manterán e aumentarán a asistencia domiciliaria e axilizarán os trámites para o coidado dos maiores, así como para crear un proceso para trámites que requiran urxencia.
Neste senso, crearánun protocolo de actuación ante emerxencias como as nevadas, xeadas ou os incendios; mellorarán a cobertura móbil e de internet, e a sinal de televisión, ao tempo que demandarán ás administracións competentes servizos sanitarios como os de pediatría e matrona. Tamén organizarán o Servizo de madrugadores no colexio para favorecer a conciliación laboral e familiar; remodelarán integralmente o parque infantil; garantirán a seguridade do parque Gil Portela; construirán un centro deportivo e de rehabilitación con piscinas climatizadas incluidas; mellorarán a accesibilidade do casco urbano e crearán un espazo de usos múltiples como unha praza cuberta para as feiras.
No marco deste apartado, inclúen a aposta polo Camiño, a recuperación de rutas cicloturísticas, a creación de campamentos de Verán, o funcionamento da Granxa Escola e o desenvolvemento dun plan de limpeza e mantemento das rutas de sendeirismo.
CUARTO: En materia de EDUCACIÓN E CULTURA, pelexarán para implantar un módulo de Formación Profesional no instituto; a creación dun arquivo documental e dunha rede museística; a posta en funcionamento do museo de Forges e outro da interpretación do Camiño de Santiago, en colaboración co actual museo comarcal de A Fonsagrada; e achegarán as actividades lúdicas e culturais aos pobos, remodelando os antigos colexios e adaptándoos para que un monitor se desprace a todas as parroquias.
QUINTO: TRANSPARECNIA ECONÓMICA E INFORMATIVA DO CONCELLO, acompañada da “honestidade e a legalidade”.