Partido Popular de Lugo

Fuente Parga: “Manteremos os servizos que vimos prestando, realizaremos os investimentos necesarios para mellorar a calidade de vida e recuperaremos a imaxe danada polo bipartito»

A candidato á alcaldía de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, adiantou este sábado, no mitin organizado polos populares en dita localidade, que se revalida o seu cargo, logo de obter o apoio necesario na urnas para volver a gobernar outros catro anos, “manteremos os servizos que vimos prestando, realizaremos os investimentos necesarios para mellorar a calidade de vida e recuperaremos a imaxe danada polo bipartito”.

Deste xeito, o cabeza de lista amosou a súa satisfacción por concorrer de novo a estes comicios, destacando que a súa única vontade é a de “seguir servindo aos seus veciños”, ademais de “dar resposta ás súas peticións e impulsar medidas que permitan consolidar os proxectos xa iniciados durante os mandatos anteriores”.

Para elo, Alfonso Fuente Parga deseñou unha candidatura, que cualifica de “a mellor para Barreiros”, e da que renova o 35% dos seus integrantes. Concretamente, as novas incorporacións prodúcense nos postos catro, sete, oito, nove e once. A lista ao completo é a seguinte:

  1. José Alfonso Fuente Parga
  2. José Manuel Gómez Puente
  3. Lorenzo Penabad Bolaño
  4. Álvaro Daniel Navia Ferreira
  5. María del Mar Sante García
  6. Adrián Blanco Pérez
  7. Lorena Fernández Redondo
  8. Juan Carlos Díaz Varela
  9. José Manuel Álvarez García
  10. Sonia Piñeiro Rúas
  11. María Teresa Maradona Bermúdez

Suplentes:

  1. Nuria López Morado
  2. José Otero Méndez
  3. Concepción Fernández Iglesias

O PP, sinónimo de xestión

O cabeza de lista estivo arroupado polo secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e o coordinador do Partido na Mariña, José Manuel Balseiro, quenes coincidiron na importancia de que o día 26 a veciñanza se decante por votar ao Partido Popular, xa que só está formación é a que garante “unha xestión eficaz” nas administracións. Proba delo, apuntou Balseiro, é que o Executivo de Feijóo investiu só en 2018 neste municipio máis de 2,5millóns de euros