O emprego e o desenvolvemento socioeconómico e industrial de Bóveda, centra o programa de gobernabilidade do candidato de Bóveda, José Manuel Arias. Así o explicou o alcaldable aos veciños que hoxe se deron cita no encontro-mitin organizado polos populares deste municipio, e no que estivo arroupado polo conselleiro de Emprego, Economía e Industria, Francisco Conde, o senador electo, José Manuel Barreiro, e o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro.
Deste xeito, e co fin de favorecer o asentamento de empresas e, con elo, a creación de novos postos de traballo, o cabeza de lista sitúa como principais liñas programáticas a ampliación do solo industrial en 90.000 metros cadrados, ademais de completar a rede de augas pluviais nesta infraestrutura.
José Manuel Arias explicou tamén que no vindeiro mandato, se revalidan a alcaldía, construirán a rotonda da intersección de Bóveda, aplicarán aglomerado en quente na LU-611, completarán o proxecto de aforro enerxético nas instalacións municipais, sacarán adiante o proxecto de produción de 160 novas hectáreas para uso agrogandeiro, porán en valor os xacementos arqueolóxicos, manterán e mellorarán os servizos e rebaixarán o IBI sen mermar o número e a calidade das prestacións.
Estabillidade e xestión útil
Pola súa banda, Francisco Conde puxo en valor que “a alternativa de goberno que ofrece o PP pasa por deseñar programas de emprego, facilitar o día a día das empresas, autónomos e comerciantes, e por mellorar as infraestruturas e servizos públicos en materia de educación, dependencia ou sanidade”. Neste senso, defendeu que “queremos estabilidade”, pois “sabemos que experimentar con política non leva a ningunha parte”. Como exemplo de
xestión, o conselleiro citou precisamente ao de Bóveda e defendeu que “os resultados que está a dar o modelo de planificación económica da Xunta do PP é o que temos que conseguir implantar nos 313 concellos de Galicia”. Proba delo, é que só neste municipio, o Executivo de Feijóo investiu só en 2018 en Bóveda 1,2 millóns de euros.
Por iso, engadiu, “o único pacto que nós propoñemos é cos galegos e as galegas, cos veciños e veciñas de cada concello, é o pacto de maiorías”.
Candidatura completa
A lista de José Manuel Arias, que é alcalde deste municipio dende hai 20 anos, está formada polas seguintes persoas:
- José Manuel Arias López
- José Luis Rivera Saco
- Dionisio Blanco Rubiños
- Francisco Javier Domínguez López
- Natividad Rodríguez López
- Cristina Juiz López
- Cintia Vidal López
- Patricia López López
- Pilar Valcárcel Pérez
Suplentes
- Iban Rodríguez Puente
- Flor Alba Cao Vázquez
- José Manuel Carballo Pérez
- Manuel Sarmiento López
- Vanesa López González
- Luis José Senra López
- Patricia Rivera Lorenz