Partido Popular de Lugo

Katherinie Varela comprométese a acometer unha rebaixa dos impostos municipais

15, maio, 2019. A candidata do PP á Alcaldía de Monforte, Katherinie Varela, comprométese, se chega a gobernar, a acometer unha rebaixa dos impostos municipais. En concreto, avanza unha rebaixa en todos os impostos anuais (IBI, IAE, vaos e taxas), no IVTM, unha rebaixa directa no recibo IBI de todos os veciños e veciñas e unha rebaixa do imposto ás instalacións que favorezan as condicións de acceso a discapacitados.

 

A candidata mantivo hoxe un encontro de traballo cos membros do Centro Comercial Urbano para presentar o seu programa electoral, xuntanza na que estivo acompañada polo conselleiro de Economía e Industria, o monfortino Francisco Conde. Previamente, acompañados de parte da candidatura, Varela e Conde fixeron un percorrido polos comercios e establecementos da Rúa Cardenal e a Calle Comercio onde deron a coñecer o programa do PP para as eleccións do 26 de maio.

 

Oficina de emprendemento

En materia de emprego o programa electoral dos populares recolle tamén a creación dunha oficina de emprendemento na que se centralizarán todos os servizos de apoio ás empresas: financiamento, formación e asesoramento. Entre os servizos que se prestarían estarían: a colaboración coas empresas que desexan implantarse no municipio ou ampliar as súas actividades con servizos de información, apoio e xestión; asesoramento en materia legal e de incentivos; apoio e xestión na localización de emprazamentos; apoio na tramitación e asistencia técnica do proxecto.

 

Aqueles proxectos empresariais de especial interese (investimentos de máis de 500.000 euros e xeradores dun posto de traballo por cada 50.000 euros de investimento) recibirán un tratamento preferente para promover a súa posta en marcha desde o Concello no menor tempo posible.

 

Creación dun viveiro industrial

Tamén se propón a creación dun viveiro industrial de Monforte, como un espazo destinado á creación de novas empresas de carácter industrial no que se ofrecerán as instalacións e servizos necesarios para a implantación inicial e a consolidación da empresa a un prezo competitivo. As empresas poden permanecer neles un tempo limitado, co que se favorece o emprendemento, a xeración de emprego e a innovación.

 

Implantaranse axudas específicas para a activación da compra de solo co obxectivo de impulsar a posta en marcha de proxectos empresariais no municipio para potenciar a fixación de industria e emprego. Destinarase tanto a empresas xa existentes que queiran seguir crecendo, como a novos investimentos.

 

Os populares crearán ademais un Cheque Emprende coa fin de incentivar a creación de empresas e potenciar as primeiras implantacións sendo os destinatarios tanto autónomos, como microempresas e pequenas empresas. Será unha axuda que se concede para a execución do plan empresarial e que terá unha duración de 18 meses. Estaría dirixida a facer fronte a gastos correntes -no inversión-, nóminas, seguridade social, equipamento, mobiliario, etc.

 

Tamén se prevé reforzar a figura de Monforte como Concello Emprendedor levando a cabo una campaña de captación de inversións que xeran máis e mellores oportunidades de emprego vinculadas ao Porto Seco e o Polígono do Reboredo.

 

O programa do PP inclúe ademais o acondicionamento e modernización do mercado de Monforte co propósito de impulsar o seu carácter tradicional, completar a oferta cun carácter máis innovador e creativo (a través do showcookings, artesanía, etc…).