Partido Popular de Lugo

Remedios González presenta aos veciños o seu programa e a candidatura coa que agarda gobernar en Rábade

14, maio, 2019. Remedios González presentará esta tarde aos veciños o seu programa e a candidatura coa que agarda gobernar en Rábade. Será nun mitin, no que tamén intervirán a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, e o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro.

 

Un total de 11 compoñentes conforman o equipo que encabeza a popular, que repite como cabeza de lista. Destes renova tres, é dicir o 27,3%. En canto ao programa, a candidata explicará as principais liñas programáticas, e que están dirixidas a impulsar o municipio dende o punto de vista económico, mellorar os servizos sociais e as infraestruturas, dotar de servizos básicos aos cidadáns e xestionar de xeito “transparente e con rigor; todo o contrario do que se está a facer nestes momentos”, sinala.

 

González, se acada a confianza dos veciños nas urnas o días 26, impulsará a construción dun acceso directo ao polígono, prolongando a Avenida de Galicia, ao tempo que levará a cabo os contactos e trámites necesarios para que Rábade sexa Concello Emprendedor, e así obteña axudas que impulsen o emprego, o emprendemento e o comercio local.

 

Os populares tamén mellorarán os servizos de atención á dependencia, incluíndo a construción dun centro de día con persoal cualificado, e a creación dunha oficina do voluntariado.

 

Asemade, e dado que o servizo de auga é moi deficiente, renovarase a canalización e o saneamento; porase en marcha un plan de limpeza e de renovación do mobiliario urbano e modernización do alumeado público. Arranxarán o problema da pasarela “dunha vez por todas”, as beirrarúas e promoverán a rehabilitación de vivendas, con bonificacións e axudas.

 

 

Tamén apostarán por dotar ao municipio dunha gran zona deportiva e de ocio, así como dunhas instalacións axeitadas para a Escola de Música. Crearán unha área fluvial recreativa, unha Biblioteca Municipal –“que desapareceu co actual goberno”- e intensificarán a colaboración con todos os clubes e asociacións deportivas. No programa tamén inclúen a recuperación do entorno do Campo da Feira, promovendo unhas festas de calidade.

 

Candidatura completa

  1. María Remedios González Cabarcos

  2. María Pilar Dapena González

  3. Manuel Martínez Fernández

  4. Patricia Novo Penas

  5. José Manuel Candal Veiga

  6. Víctor José Novas Pereira

  7. María José Parga Regueiro

  8. José Luis Novo Teijeiro

  9. Juan Martínez Blanco

 

Suplentes:

 

  1. Carlos Ramón González Cabarcos

  2. José Ángel Vila Blanco