Partido Popular de Lugo

Katherinie Varela propón o remate do enlace entre o Porto Seco e a N-120 e entre o Porto Seco e a rotonda de Reigada ao corredor

14, maio, 2019. A candidata do PP de Monforte á Alcaldía, Katherinie Varela, propón no seu programa electoral rematar o enlace entre o Porto Seco e a Nacional 120 e entre o Porto Seco e a rotonda de Reigada ao corredor co obxectivo de que o tráfico gañe fluidez. Tamén recollen no seu programa a mellora da comunicación entre o polígono e a N-120.

 

Entre as medidas que figuran no programa dos populares en materia de urbanismo está tamén a creación dunha nova ponte para a circulación de vehículos desde Ramberde ata o malecón para, paulatinamente, conseguir a peonalización da ponte vella.

 

Maior fluidez do tráfico

Para avanzar en materia de tráfico e conseguir unha mellor fluidez, a candidata á Alcaldía avoga por desbloquear a Rúa Rof Codina e a Rúa Lois Pereiro con saída a Benito Vicetto, así como o desbloqueo da Rúa Central. Tamén proxecta a creación de dous aparcamentos no centro urbano que eviten os constantes problemas de tráfico que se ocasionan a diario.

 

As propostas de futuro para Monforte inclúen ademais a remodelación da Praza Doutor Goyanes en aras de mellorar a súa utilidade para o centro comercial de Monforte.

 

Os populares comprometen tamén potenciar o centro comercial urbano eliminando barreiras urbanísticas e facilitando o aparcamento. No seu programa figura ademais a solución aos problemas de urbanismo causados polo retraso na aprobación do Plan Xeral (PXOM) e a súa culminación.