13, maio, 2019. O Partido Popular de Navia de Suarna, que encabeza Jesús María Fernández López, presentou a última tarde do día de onte a lista coa que concorre ás eleccións do 26 de maio. Trátase dunha candidatura renovada, pois inclúe 9 incorporacións –é dicir, o 60%- e coa que pretenden desbancar aos socialistas do Goberno municipal.
O alcaldable deu a coñecer o seu equipo durante un acto no que tamén interviron o senador electo, José Manuel Barreiro, o secretario Xeral do Partido na provincia, Carlos Armesto, e José Manuel Balseiro. Deste xeito, o candidato tamén aproveitou a xuntanza para desgranar o programa que porá en práctica se acada a confianza dos veciños nas urnas. Como primeiras medidas, inclúe a dotación dunha nova traída de auga para Navia e todos os núcleos que o necesiten, un plan de turismo con rutas de sendeirismo e visitas a castros e covas que existen no territorio e que están sen explotar e divulgar.
Asemade, aposta pola mellora das comunicacións con aglomerado en quente para todas as estradas do municipio e por intensificar as medidas coa asistencia a domicilio, a través da coordinación de rutas, suba salarial aos asistentes, supervisión dos labores que realizan e o pago do quilómetro a 0,22 céntimos.
Apoiarán aos novos gandeiros en cuestións como a mellora de pistas de acceso ás explotacións e fincas da montaña e intensificarán as colaboracións coa Asociación de Pesca, co fin de mellorar este deporte tan importante para Navia.
A mellora da rede de sumidoiro, o inicio das negociacións cos responsables do Castelo, a restauración e creación dun museo de apeiros de labranza empregados polos nosos maiores, a concesión a empresas de Navia de obras de adxudicación directa para parte do Concello e a recuperación das festas patronais para que volvan a ser as mellores da zona; son outros dos compromisos adquirido polo candidato do PP e que desgranou no encontro de onte.
Candidatura ao completo
A lista completa é a seguinte. En negriña son as novas incorporacións:
1.- Jesús María Fernández López
2.- María Julia Fernández Losada
3.- Faustino Pérez Gómez
4.- Manuel Díaz Fernández
5.- José Manuel Fernández Neira
6.- Manuel Bermúde z Fernández
7.- Omar Díaz Fernández
8.- Rubén Rodríguez López
9.- José Ramón Fernández Méndez
Suplentes:
1.- Vicente Fernández Mon
2.- Balbino Álvarez López
3.- Elda Fernández Gómez
4.- Miguel Ángel Monteagudo López
5.- Manuel Álvarez Vigüin
6.- Julio Gómez López