Partido Popular de Lugo

ALFONSO VILLARES: “PRESENTÁMONOS ANTE A VECIÑANZA CO AVAL DO TRABALLO FEITO, CON HUMILDADE E CO OBXECTIVO DE QUE CERVO SIGA CRECENDO”

Cervo, 12 de maio de 2019.- Máis de 170 veciños e veciñas participaron este mediodía nun xantar en apoio ao candidato á Alcaldía de Cervo polo Partido Popular, Alfonso Villares.

Na súa intervención, Villares subliñou que “nos presentamos ante a veciñanza con máis ilusión que nunca, con humildade e co aval do traballo feito para tentar volver contar unha vez máis coa confianza das/dos cervenses”.

O candidato á Alcaldía polo PP destacou algunhas das liñas de traballo impulsadas nestes anos “co incremento das oportunidades laborais con un dos principais obxectivos”

Así, lembrou que neste tempo “abrimos o Centro de Día Residencia, que supuxo a creación de máis de trinta novos postos de traballo estable; creamos o Centro de Emprendemento de Sargadelos no que xa se puxeron en marcha diferentes actividades; baixamos unha serie de impostos ás empresas condicionado á creación de emprego que favoreceu que a piscifactoría instalada no Polígono de Cuíña realizase un investimento de máis de 15 millóns de euros que suporá a creación de máis de 30 novos empregos; sen esquecernos das bolsas de formación remuneradas para a mocidade”.

Así mesmo, Villares puxo tamén en valor a “aposta pola xestión directa dos servizos que impulsamos desde que chegamos ao Goberno”; citando prestacións como o saneamento, a Escola Infantil, a Piscina ou o servizo de Axuda no Fogar, que son totalmente públicos.

O candidato á Alcadía precisou que baixo o lema “Cervo Crece” queremos presentarlle á veciñanza todo aquello que fixemos con ese obxectivo, que Cervo Creza; e con ese propósito tamén tentaremos obter de novo o apoio das/dos cervenses, “coas nosas forzas renovadas para continuar nesa senda do crecemento e seguir avanzando nos próximos anos”.

Villares presenta un equipo integrado na súa totalidade por veciñas e veciños do municipio, e residentes no noso Concello “coñecedores, pois, en primeira persoa, das necesidades da veciñanza; e con moita ilusión, ideas e proxectos de futuro para os vindeiros anos”.

Dolores García Caramés (número 2), Mali Méndez (número 3), David Rodríguez (número 4), Alfredo Fernández “Fero” (número 5), Denise Galán (número 6), Pilar Armada (número 7) Plácido Pérez (número 8), Antonio Basanta (número 9), Sabela Rivas (número 10), José Antonio Gallego (número 11), Mª Carmen Fernández (número 12), Diego Campo (Número 13), Yolanda Pedreira (número 14), Inés Cobas (número 15) e José Manuel Balseiro (número 16).