Partido Popular de Lugo

Rouco adianta que a Xunta trasladará un informe favorable ao Ministerio de Turismo para que a Festa do Bonito de Burela sexa declarada de Interese Turístico Nacional

Burela, 11 de maio de 2019.- Trala reunión mantida este sábado co Delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, o Partido Popular de Burela amosa a súa satisfacción porque a Festa do Bonito poida acadar o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional grazas ao informe favorable que a Xunta de Galicia trasladará ao Ministerio de Turismo, “o cal debemos recoñecer e valorar de forma moi positiva”, afirma Manuel Rouco.

 

Esta declaración ven avalada por unha iniciativa que o Grupo Popular presentou no Parlamento de Galicia e da que o propio Delegado foi autor no seu día. Neste senso, o Partido Popular debe recoñecer, neste senso, o labor da Sociedade Cultural Ledicia, fundadora e organizadora da Festa do Bonito, pois “o Concello nunca sería capaz de mobilizar tantos voluntarios como move esta asociación burelá. Polo tanto, sen Ledicia non habería Festa do Bonito”, remarca.

Tampouco sería posible este evento sen a colaboración desinteresada de todos os veciños e veciñas que participan de forma totalmente altruísta e posibilitan que toda a loxística deste importantísimo evento se leve a cabo, como é o caso do traballo que desenvolve a Asociación dos Asadores de Burela.

Para chegar a esta denominación de Festa de Interese Turístico Nacional houbo que dar un primeiro paso, o que se deu no ano 1999 cando dende o Concello, cun goberno municipal do Partido Popular, e contando sempre coa Asociación Ledicia, se recoñeceu á Festa do Bonito como de Interese Turístico Galego. “Sen isto, nunca sería posible acadar ese recoñecemento que agora se prevé acadar”, defende.

Esta é a liña de actuación que este novo proxecto do Partido Popular en Burela quere instaurar, a de potenciar ao máximo nivel todos os recursos turísticos dos que dispón este municipio mariñao.

Por este motivo, os populares lamentan que o actual goberno municipal deixase este asunto para estas datas, dado que anunciaron o inicio dos trámites hai tres anos e medio, xa que iniciaron o expediente en xaneiro do 2016, e non completaron a documentación demandada ata agora”, conclúe.