10, maio, 2019. Os candidatos de Sarria, Samos, Láncara, Paradela, O Páramo e Triacastela poñen en valor publicamente as axudas do Aprol Rural e de turismo que impulsa a Xunta de Galicia, e que superan os 108.000 euros. Deste xeito, grazas ás políticas autonómicas, estes Concellos poderán contratar 7 desempregados durante 9 meses para desempeñar traballos relacionados coa silvicultura, limpeza e prevención de montes.
Paradela, Láncara, O Parámo e Triacastela, reciben cada un 13.150 euros para a contratación de 2 traballadores no primeiro caso e 1 traballador nos restantes. Pola súa banda, Samos e Sarria tamén crearán un posto de traballo en cada caso, pero a achega do Executivo galego é de 16.022 euros para o municipio samonense e de 18.986 para o sarriano.
Con cargo ás axudas de turismo, Samos e Triacastela perciben 16.598 e 3.904 euros, respectivamente. As actuacións a executar con cargo aos importes indicados son o acondicionamento de aseos na Capela do Ciprés para oficina de información e a colocación de tres carteis planimétricos para a sinalización da localidade.
Deste xeito, José Manuel Mato, Santiago Cubillas, Verónica Arias, Olga Iglesias, José Fernández e José Antonio García destacan a xestión do Executivo de Feijóo, que, “unha vez máis, amosa unha gran sensibilidade por atender as nosas propostas. Crear emprego e facer da nosa comarca un lugar atractivo no que investir, traballar e vivir é a nosa prioridade. Por iso, que os nosos Concellos reciban preto de 20 millóns das antigas pesetas débese, cando menos, valorar e poñer en valor”, conclúen.