10, maio, 2019. Miguel Cela presenta unha candidatura “preparada para gobernar” e que ten como obxectivo “reactivar” o municipio. Deste xeito, ao alcaldable acompáñano un grupo de persoas “con moitas ganas de facer do noso concello un lugar de oportunidades”. E é que segundo destaca, “estamos situados nunha zona de paso estratéxica, polo que estamos a chamados a ser un municipio de referencia, pero que, nos últimos anos, non se fixo nada para aproveitar esta circunstancia”.
Neste senso, os populares de Becerreá apostan por ampliar o polígono industrial, co fin de atraer novas empresas e fixar poboación no municipio, ademais dunha maior implicación “na atención en materia de servizos sociais”, así como en dotar a esta localidade de servizos básicos que non ten como poden ser solicitar unha estación de ITV permanente.
Lista ao completo
Once titulares e tres suplentes conforman a candidatura. Neste ano, os números catro, seis e sete son novas incorporacións:
-
Miguel Ángel Cela González
-
Hilario Núñez Álvarez
-
María Josefa Calderón de Arriba
-
José Manuel Reimondez López
-
María Luz Porto Riveira
-
Ramón Núñez Fontal
-
Silvia Asunción Santín Castro
-
Ana María Vilor Bolaño
-
Manuel González Vilela
-
Eulogio Díaz Corral
-
Siomara Rey Díaz
SUPLENTES
-
José Fernández Armada
-
Paula Fernández Fernández
-
Sonia Prados Gómez