10, maio, 2019. O candidato á alcaldía de A Fonsagrada, José Regueiro, lamenta que ao alcalde deste municipio “lle preocupen máis as festas e feiras de fóra que as do seu propio concello”. Así o destaca logo de comprobar como o rexedor socialista “se presta a presentar a I Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña”, que terá lugar mañá en Cervantes e, pola contra, “non amose o mesmo interese coas do seu concello”.
O popular cuestiona así que o socialista “figure” neste tipo de eventos e, pola contra, “teña esquecidos os nosos”. “Por suposto, nós nos nos opoñemos a que se desenvolva esta feira, nin que a Deputación a apoie. O que criticamos é que non teña o mesmo compromiso coas celebracións locais. Xa que ten unha posición destacada en San Marcos, ben podía implicarse máis coa Fonsagrada”, remarca.
Para o alcaldable, este é outro exemplo de que o alcalde “está máis centrado na Deputación que na súa casa”, a pesares de que “quen lle deron o apoio foron os veciños”.
“Non é unha situación nova. Xa o dixemos en varias ocasións e aos feitos nos remitimos. Se chegamos ao goberno, os populares faremos unha aposta decidida por potenciar A Fonsagrada como lugar de residencia, de emprendemento e de ocio. Quen non lles quepa a menor dúbida aos veciños e ao Sr. Fernández Queipo”, conclúe.