Partido Popular de Lugo

José Fernández presenta unha candidatura coa que pretende “lograr un Concello para todos”

9, maio, 2019. José Fernández Vázquez lidera unha candidatura coa que pretende “lograr un Concello para todos”. Así o explicou durante a presentación da lista que tivo lugar nas últimas horas, e para a que contou co apoio de José Manuel Balseiro, así como a de numerosos veciños que coñeceron de primeira man a principais liñas do programa co que os populares concorren ás eleccións do 26 de maio.

 

Deste xeito, os populares, que recoñecen que afrontan este proceso “con ilusión e a motivación necesaria para quitar aos socialistas do Concello”, apostan por reorganizar servizos, axilizando todo o posible os trámites administrativos e a redución dos soldos no equipo de goberno que, na actualidade, superan os 66.000 euros anuais, para destinala a gastos sociais, bolsas de estudos, cultura e deporte.

 

Tendo en conta que este municipio é eminentemente gandeiro, farán “unha defensa” deste sector e das producións autóctonas como son a castaña e o mel, ademais de aumentar a divulgación do municipio, apreveitando os potenciais cos que conta ao estar inmerso en pleno Camiño Francés. Nesta materia apostan por promocionar e diversificar o turismo cultural, patrimonio histórico e artístico, así como a ruta literaria Fiz Vergara Vilariño de Lóuzara e outras sendeirismo, incluíndo visitas a Castros ou a Serra do Édramo.

 

Javier Fernández tamén adiantou que, se acada a confianza da veciñanza, demandará a construción dunha residencia da terceira idade; mellorará a rede de abastecemento nos núcleos de Lousada, Paredes ou Praucelo, e fará máis atractiva a localidade con diversas actividades para a xuventude. Neste senso, aposta por potencias as festas e feiras e, dun xeito moi especial, a festa de convivencia cos maiores.

 

 

A candidatura ao completo

O alcaldable lidera así unha lista formada por 9 titulares e 5 suplentes. Aglutina experiencia e renovación para “dar un bo servizo público” aos seus veciños. É a seguinte:

 

1.- José Fernández Vázquez

2.- Manuel Páez Vilariño

3.- María Jesús García Castro

4.- José Aira Rodríguez

5.- Luis Miguel López Fernández

6.- Óscar Barreal González

7.- Yolanda Marcos Vila

8.- Ángel Emilio López López

9.- Antonio López López

 

SUPLENTES

 

1.- José López López

2.- María Carmen López López

3.- Lino Sánchez López

4.- José Antonio García Iglesia

5.- Martín Chaos Carballo