9, maio, 2019. Juan Carlos Armesto encabeza a candidatura do PP no Saviñao que reúne a un total de 21 veciños e veciñas “comprometidos co noso municipio”. Trátase dunha lista “continuista” que conta cos seis concelleiros que forman o actual equipo de Goberno –entre os que se atopa o actual alcalde, Joaquín González (2), os edís Beatriz Rois (4), Jorge Rodríguez (5), Sonia García (7) e María Jesús Sánchez (8)-; pero tamén incorpora no número 3 a Maica Expósito e sitúa “a un gandeiro que aportará experiencia, José López, no número 6”.
“Somos xente de tódalas parroquias coñecedores de cada un dos lugares do Saviñao e que nos presentamos ás eleccións do vindeiro 26 de maio co aval da experiencia na xestión municipal e con ganas de seguir traballando dende o Concello por todos os veciños e veciñas”. A candidatura popular que reunirá experiencia e renovación “está integrada por xente procedente de distintos sectores e moi vencellados ao rural”.
Infraestruturas, servizos e atención ao rural
De cara aos vindeiros catro anos, o programa electoral do PP para O Saviñao “céntrase na mellora das infraestruturas, o emprego, os servizos sociais e que ten en conta aos máis novos e novas; ademais de prestar especial atención aos servizos no rural”, avanza o alcaldable, Carlos Armesto.
Os populares do Saviñao darán a coñecer nos vindeiros días as propostas concretas aos seus veciños e veciñas.
Candidatura
1. Juan Carlos Armesto Quiroga
2. Joaquín González González
3. María del Carmen Expósito González
4. Beatriz Rois Castro
5. Jorge Eugenio Rodríguez Álvarez
6. José López Díaz
7. Sonia García Rodríguez
8. Mª Jesús Sánchez López
9. Jorge Rodríguez Rodríguez
10. Miguel Teijeiro Rodríguez
11. Raquel Amorín Rodríguez
Suplentes:
Manuel Expósito Vázquez
José Alipio Curto Méndez
Josefa Vázquez Fernández
Rubén Díaz Díaz
María Luisa Mariño Fernández
Ana Belén López Losada
Patricia Paradela Gómez
Manuel Regal Sánchez
Víctor Manuel Fernández López
Sergio Andrade López