Partido Popular de Lugo

Óscar Rodríguez e Nava Castro participan este sábado en Viveiro nun encontro co sector turístico

8, maio, 2019. O candidato á Alcaldía do PP de Viveiro, Óscar Rodríguez, e a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participan este sábado día 11 en Viveiro como principais relatores nun encontro co sector turístico que organiza o Partido Popular. A cita desenvolverase no Hotel Val do Naseiro ás 11:00 horas.

 

O acto está enfocado ao sector turístico en xeral, tanto os responsables de establecementos turísticos, hostalería, empresas de ocio e tempo libre, como axencias de viaxes e outras empresas relacionadas co sector.

 

O candidato explica que este encontro sectorial pretende analizar os retos e oportunidades de futuro non só en Viveiro, senón tamén a nivel comarcal entendendo a localidade como un punto xeoestratéxico do turismo da Mariña.

 

O acto, aberto a todos e todas as profesionais que queiran sumarse, abordará a necesidade de contar cunha estratexia municipal definida en materia de turismo, que consiga desestacionalizar o sector e sacarlle todo o potencial desde o Goberno municipal e en colaboración con outras administracións. Son, explica Óscar Rodríguez, propostas que incluirá o seu programa electoral nesta materia.