Partido Popular de Lugo

O PP de A Mariña destaca a vontade colaborada da Xunta con esta comarca ao conceder preto 500.000 euros aos Concellos dentro das axudas de turismo e do Aprol Rural

8, maio, 2019. Os populares de A Mariña destacan a vontade colaboradora da Xunta de Galicia con esta comarca ao conceder preto de 500.000 euros aos Concellos dentro das axudas de turismo e do programa Aprol Rural 2019. En total, sete municipios reciben 145.000 euros para a impulsar as infraestruturas turísticas, contribuíndo así ao crecemento do rural e ao requilibrio territorial da zona.

 

“Temos que valorar moi positivamente estas subvencións pois permitirán que se poidan rehabilitar ou restaurar construcións, elementos etnográficos ou incluso aloxamento de persoas, iluminación, rutas, etc. En definitiva, axudas necesarias para que a nosa zona sexa aínda máis atractiva para os visitantes”, remarcan

 

Dentro da edición deste ano do Aprol Rural, o importe que inxecta directamente o Executivo de Feijóo nas entidades locais da Mariña supera os 340.000 euros, e permitirán a contratación de 35 persoas que se atopan en situación de desemprego. Estes novos contratados realizarán labouras relacionadas coa silvicultura, limpeza de montes, xestión da biomasa, entre outras actuacións.

 

Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral. Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e a duración dos contratos será de 9 meses e a tempo completo.

 

“Este é un exemplo de como xestiona o PP cando goberna nas administracións. Prioriza o gasto, destinándoo a aquilo que máis se necesita. Unha das preocupacións dos nosos veciños é o emprego, polo que con este programa se dá un paso importante para aumentar as oportunidades laborais na nosa comarca. O emprego, xunto ao turismo, son sen lugar a dúbidas, dous campos necesarios nos que actuar, e o Goberno de Feijóo está a executar medidas que, cando menos, son de valorar”, remarcan.

 

As axudas ao detalle

Turismo: Ribadeo (6.627 euros), Mondoñedo (45.000 euros), Viveiro (24.832 euros), O Vicedo (31.403 euros), Barreiros (29.244 euros), Lourenzá (12.298 euros), Riotorto (10.224 euros), O Valadouro (5.725 euros) e A Pontenova (8.797 euros)

 

Aprol Rural 2019: Burela (13.150 euros e 1 traballador), Lourenzá (13.022 euros e 2 traballadores), Riotorto (13.150 euros 4 traballadores), Mondoñedo (52.088 e 4 traballadores), Xove (52.600 e 6 traballadores), Cervo (26.300 e 2 traballadores), O Vicedo (51.247 euros e 4 traballadores), Barreiros (25.089 euros e 2 traballadores), Ourol (26.300 euros 3 traballadores), A Pontenova (26.300 euros e 2 traballadores), O Valadouro (28.091 euros e 2 traballadores), Trabada (13.150 euros e 2 traballadores) e Alfoz (12.721 euros e 1 traballador).