Partido Popular de Lugo

Guitián fixa como retos do próximo mandato seguir ampliando a rede de auga e saneamento, o reforzo dos servizos sociais, o viño e o turismo

8, maio, 2019. O candidato á Alcaldía de Sober e actual rexedor, Luis Fernández Guitián, fixa como retos do próximo mandato seguir ampliando a rede de auga e saneamento municipais, o reforzo dos servizos sociais, o viño e o turismo. Así o afirmou na presentación da súa candidatura, unha lista que aglutina experiencia e renovación “para seguir traballando polo futuro da localidade”.

 

Guitián fai balance destes dous mandatos, dos que destaca o traballo feito en materia de auga e saneamento ou as axudas para a zona ARI, única de Galicia que abrangue todo o Concello. Subliña tamén a compra de vivendas para asentar poboación moza no rural, a mellora dos servizos sociais, como a axuda no fogar, e o traballo en dous sectores estratéxicos: o viño e o turismo.

 

“O feito en materia de auga e saneamento foi moi importante. Intentouse ampliar a rede municipal de auga e saneamento e fixéronse importantes inversións e tamén figura no programa do próximo mandato como prioritario. Seguir ampliando as redes de auga e saneamento a parroquias que non teñen servizo municipal”, explica.

 

“A política social é outro dos eixos fundamentais no traballo do equipo de goberno. Ampliáronse as horas de axuda no fogar, temos 16 auxiliares e imos seguir mellorando o servizo e a política social do Concello en xeral; sen esquecernos da cultura, o patrimonio e, dunha forma fundamental, do viño e do turismo”, engade.

 

Perfil

Luis Fernández Guitián. Ten 56 anos. Ten dúas fillas: Mencía e Candela. É mestre de infantil e primaria e profesor de conservatorio. Criouse musicalmente na Banda de Música de Sober da que foi nove anos director e da que se sinte profundamente orgulloso. Como músico toca o clarinete. Leva de alcalde desde 2011, con dúas maiorías absolutas. Asegura que a maior honra que pode ter unha persoa é ser alcalde do pobo no que naceu e no que vive.

 

Tamén ocupa a presidencia do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, que baixo o seu mandato vén de ser elixida candidata da Unesco a ser declarada Patrimonio Mundial.

 

Candidatura

 

1- Luis Fernández Guitián

2- Domingo López Fernández

3- Sonia Fernández Martínez

4- Carmen Pérez Pérez

5- Abel López Fernández

6- Raquel Arias Rodríguez

7- Francisco Vázquez Pérez

8- José Quevedo Pérez

9- Beatriz Fernández Fernández

10- Iván Armesto Fernández

11- David Cidre Guitián