Partido Popular de Lugo

Seis Concellos da comarca da Terra Chá reciben máis de 240.000 euros da Xunta para a contratación de persoas desempregadas e perceptoras da Risga

7, maio, 2019. Un total de seis Concellos da zona da Terra Chá vense beneficiados con máis de 240.000 euros que achega a Xunta para a contratación de persoas desempregadas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga).

 

Trátase de “importantes fondos”, segundo destacan os populares destes municipios, pois, “grazas á colaboración do Goberno de Feijóo que sufraga os costes de contratación –salario e Seguridade Social- ao 100% para un máximo do 75% da xornada laboral”, poderán incorporarse a un emprego un total de 19 persoas.

 

O importe que recibe por parte do Executivo galego o Concello de Vilalba ascende a máis de 135.000 euros para a contratación de 10 persoas perceptoras da Risga. Os Concellos de Castro de Rei, Guitiriz, Begonte e Xermade poderán contratar a 2 persoas cada un grazas a unhas achegas de máis de 20.000 no primeiro caso, 25.000 nos casos de Guitiriz e Begonte e preto de 25.500 para o Concello de Xermade. O Concello de Pol ten solicitado a axuda para a contratación dun limpador ou limpadora para o que a Xunta achegará algo máis de 10.000 euros.

 

“Debemos poñer en valor estas axudas porque non só permiten que se contraten persoas con dificultades para acceder a un emprego; senón que contribúen a que os propios Concellos dispoñan de máis persoal para prestar un mellor servizo aos cidadáns”, expoñen os populares. De feito, os perfís dos contratados son fundamentalmente peóns.