7, maio, 2019. María José Gómez encabeza a candidatura do PP de Guntín que reúne “xente nova e outras persoas con gran experiencia” de cara ás vindeiras eleccións municipais. Trátase dun “gran equipo de homes e mulleres de diversos ámbitos como a medicina, a gandería, a educación e o sector servicios que pretende seguir avanzando no proxecto para o municipio con ilusión e traballo”.
Verónica Vilela, Olga López, Juan Carlos López e María Lamazares incorpóranse nos primeiros once postos dunha lista que reúne a un total de 17 persoas que se marcan uns obxectivos claros de cara ao vindeiro mandato.
Os populares avanzan, como parte do seu programa, a mellora das infraestruturas de Guntín e das súas parroquias. “Tendo en conta que o sector gandeiro é o principal motor económico do noso concellos, traballaremos por impulsar o rural”, asegura a candidata á alcaldía.
Gómez tamén sinala entre os obxectivos dos populares para Guntín “seguir a liña de traballo do actual equipo de Goberno que lidera Jesús Carreira no eido social para chegar a todos e cada un dos veciños con necesidades”. Igualmente, a alcaldable do PP comprométese a “fomentar a cultura e o deporte, así coma a educación a través do apoio aos nosos colexios, o CEIP de Lousada e CPI Tino Grandío”.
Candidatura
1. María José Gómez Rodríguez
2. José Javier Santiso Iglesias
3. Verónica Vilela Coto
4. Vidal López Rodríguez
5. Olga López García
6. José Vázquez Barreiro
7. María Teresa Estévez López
8. José Luís López Fernández
9. Juan Carlos López López
10. José Alberto López Quiroga
11. María Lamazares Álvarez
Suplentes:
Antonio Rodríguez Gandoy
María Josefa Rodríguez Pastur
María Begoña Pérez López
José Manuel Rodríguez García
María Elena Martínez Castro
José Manuel Piñeiro Somoza
José Manuel Rodríguez Llorens