Partido Popular de Lugo

Katherinie Varela mantén unha reunión de traballo cos delegados sindicais do persoal do Concello de Monforte

7, maio, 2019. A candidata á Alcaldía polo PP, Katherinie Varela, mantivo no día de onte unha reunión de traballo cos delegados sindicais do persoal do Concello de Monforte, entre eles o presidente do comité de empresa do persoal laboral. A cabeza de lista acudiu á cita acompañada por outros membros da súa candidatura.

 

O encontro tiña como obxectivo coñecer o funcionamento do Concello no referido ao persoal e aos empregados públicos e coñecer as súas demandas e necesidades.

 

Reunións con todos os colectivos sociais

Trátase, segundo ela mesma explica, dunha das moitas reunións de traballo que está levando a cabo antes de que dea comezo a campaña electoral e que continuará tamén a partir do venres co propósito de coñecer as inquedanzas de todos os colectivos sociais.

 

“Son encontros con persoas que representan colectivos de interese na cidade e onte foi a quenda dos representantes dos traballadores do Concello, un colectivo moi importante”, precisa.

 

“Como candidata á Alcaldía desta cidade é a miña obriga coñecer de primeira man os problemas e inquietudes dos cidadáns e niso estou centrada estes días antes de iniciar a campaña electoral”, explica a candidata.

 

Melloras que facer

Katherinie Varela engade que tiña moito interese en coñecer o funcionamento do Concello e saber a situación na que se atopan os empregados, “e penso que hai moito que mellorar neste sentido”, indica.

 

Así, tras este primeiro encontro os populares consideran que hai moitas deficiencias na situación destes empregados, ademais de existir prazas de moita relevancia mal cubertas ou incluso sen cubrir.

 

“Un dos meus propósitos, avanza, é regularizar a situación do persoal do Concello e traballar con intensidade para que as deficiencias detectadas sexan corrixidas e as funcións que deban desenvolverse estean totalmente atendidas”, conclúe.