4, maio, 2019. O candidato do PP á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez, presentou hoxe unha candidatura “centrada en Viveiro” para conseguir gobernar a cidade os vindeiros catro anos. Así, o slogan dos populares para a a campaña será “Centrados en Viveiro”.
Os integrantes da candidatura representan, como destaca o cabeza de lista, un equipo leal e comprometido no que están representados todos os sectores e sensibilidades do municipio. “Conseguimos facer unha lista que defenderá un proxecto no que todos os veciños e veciñas se verán representados”, precisa.
Óscar Rodríguez avanza ademais que están a ultimar o programa co que concorrerán ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, que darán a coñecer nos vindeiros días. “Non vai ser un programa con promesas como o dos outros partidos, senón un contrato que imos asinar cos cidadáns e que nos comprometemos a cumprir”, subliña.
Candidatura
Óscar Rodríguez Blanco
José Soto Martínez
Teresa Pérez Rodríguez
Imma Nespereira Domínguez
Javier Teijeiro López
Antonio Lage Seara
Alicia Meitín Cordido
Vicente Vázquez Chao
Belén Corral Mera
David Piñeiro Rey
Valentín Mera Sánchez
Elena González Eijo
Magud Lara Aranda
Juan José Quelle Fra
María Luisa Soto Vázquez
Jaime de Olano Vela
Marta Pérez Lage
Felipe López Fernández
Carlos Martínez Fernández
Mariña Gueimunde González