Partido Popular de Lugo

José María Fernández Vázquez presenta a candidatura coa que aspira a que Trabada volva a ser un concello gobernado polo Partido Popular

04, maio, 2019. José María Fernández Vázquez vén de presentar a candidatura coa que aspira a que Trabada volva a ser un concello gobernado polo Partido Popular. En total, xunto co candidato, son nove as persoas que conforman a lista dos populares, que presenta unha destacada renovación ao repetir tan só catro dos membros da mesma.

 

O alcaldable agradece aos seus compañeiros que decidisen sumarse ao seu proxecto que vai encamiñado a impulsar políticas que freen o forte despoboamento que sofre este municipio, así como a potenciar un dos sectores máis relevantes deste concello, como é o gandeiro.

 

“Temos unha poboación moi avellentada, o que nos debe levar a ter unhas políticas sociais e de dependencia moi fortes e a implicarnos como xa o estivo a facer a Xunta de Galicia, a pesares de non estar o Partido Popular na alcaldía”, asegurou. O candidato puxo en valor o compromiso do Goberno galego de Feijóo coa localidade, onde “investiu case un millón de euros máis que ten de presuposto o noso Concello. Ademais de manter servizos tamén nos seguiu a apoiar”.

 

A este respecto, José María Fernández adianta que o programa co que concorren aos comicios do día 26 é semellante ao de hai catro anos, xa que “non se fixo nada do que presentábamos nós”. Tamén apostarán, explica, polo deporte, dotando a este municipio dunhas instalacións axeitadas, pois as que hai, como é o caso do ximnasio, “está moi desatendido e anticuado”. Polo tanto, “comprométome con seriedade a cumprir o programa ao igual que se comprometeu a Xunta comigo”, dixo.

 

Lista completa

1.- José María Fernández Vázquez. Gandeiro e condutor de autobús.

2.- Encarna Amigo Díaz. Médico especializada en Reumatoloxía e deputada autonómica

3.- Juana María Rodríguez Maseda. Perruqueira

4.- Ángel Fernández Fernández. Empregado do sector forestal

5.- Francisco Rodríguez Gasalla. Empregado dunha asesoría

6.- Juan Manuel Carbajales Valea. Gandeiro

7.- Manuel Varela Fernández. Xubilado

8.- Juan Francisco López Prieto. Empregado

9.- José Manuel Yanes Ginzo. Funcionario