Partido Popular de Lugo

Cubillas encara as municipais cunha lista “moi renovada” e “preparada para gobernar”

04, maio, 2019. O candidato á alcaldía de Láncara, Santiago Cubillas, presentou este sábado a candidatura coa que concorre ás municipais do 26M durante un acto no que estivo acompañado de José Manuel Balseiro.

 

A lista que deu a coñecer o alcaldable presenta unha renovación moi importante –do 73%- e está “preparada para gobernar”. Concretamente, dos 11 integrantes, 8 son novas incorporacións. Tan só repiten o candidato e os números catro e once. É, ademais, unha candidatura representativa de todo o municipio, pois hai alomenos dúas persoas de cada unha das cinco mesas electorais.

 

Candidatura integradora

O alcaldable destacou que, ademais de ser unha lista “moi renovada”, “aglutina diversas sensibilidades”. A este respecto, Balseiro gabou o labor de Cubillas por “intentar sumar; xusto o que necesitamos neste momento”. O popular tamén animou a todos os membros a traballar para “apartar da alcaldía ao Partido Socialista”. “Se o conseguimos, o sentido común volverá a este municipio que está a ser chamado un dos referentes da comarca, pero que, a día de hoxe, non o é”, indicou.

 

A este respecto, puxo como exemplo que cando goberna o PP -como así acontece na Xunta de Galicia- “vainos ben”. Só esta administración investiu no último ano en Láncara catro veces máis que o orzamento municipal. En total, 8 millóns de euros fronte aos case 2 millóns da entidade local, sendo, por tanto, a institución que máis fondos inxecta na provincia con diferencia; “moi por riba, dixo, do Concello, da Deputación e incluso do Estado”.

 

Coherencia, racionalidade e xestión

O popular tamén esbozou algúns dos obxectivos que marcarán o seu mandato se acada a confianza dos veciños o 26 de maio. O primeiro deles, é o de priorizar o gasto. “Se chegamos ao chegamos Goberno, acabarase o de gastar todos dous meses antes das eleccións, ou a política de bachear e de farolas”, afirmou Cubillas.

 

Asemade, aplicaranse criterios coherentes e racionais, de tal xeito que “cada euro que invirtamos terá un fin concreto”. Neste senso, o popular adianta que centraremos “o noso modelo de Concello” na mellora das infraestruturas e de servizos básicos como dotar de alumeado e de saneamento a aqueles núcleos que aínda non dispoñen deles. Para elo, contarán cos pedáneos, dándolles o protagonismo que merecen e que nunca tiveron co Partido Socialista.

 

“Queremos que sexan pezas fundamentais na xestión municipal e no noso día a día, xa que ninguén mellor ca eles para coñecer as necesidades das parroquias”. E é que, engadiu, “lamentablemente, estes non pintan nada de nada, nin para o Goberno, nin para a administración local. Se o PP gaña as eleccións, que teñan por seguro que van a ser unha figura importantísima”, remarcou o candidato.

 

A lista ao completo

A candidatura completa é a seguinte:

1.- Santiago Cubillas (A Pobra de San Xillao. Veterinario)

2.- Carlos Fernández Díaz (Carracedo. Empresario)

3.- Arturo Sobrado Castro (A Pobra de San Xillao. Empresario)

4.- Óscar Martínez Rubio (Vilaesteba. Gandeiro)

5.- José Ramón Arcos López (Touville. Gandeiro)

6.- Silvia García Núñez (Río. Condutora de autobús)

7.- Jesús Folgueiras Rodríguez (Toirán.

8.- Lorena Vázquez Tallón (Cortella –Cedrón-. Licenciada en Dereito e Administración e Dirección de Empresas)

9.- José Miguel Conde González (A Pedreira –Láncara-. Empresario e gandeiro)

10.- Daniel López Teijeiro (Villambrán. Gandeiro)

11.- Asunción Núñez Valcárcel (Galegos. Gandeira)

 

Suplentes:

12.- Víctor López López (Neira de Cabaleiros. Empresario e gandeiro)

13.- Óscar García Rodríguez (Muro. Gandeiro)

14.- José Manuel Fernández Goyanes (Monseiro. Traballos forestais e gandeiro)

15.- María Pilar Teixeira Cabado (A Pobra de San Xillao. Educadora Infantil)

16.- Óscar Iglesias Sangil (Mourillón. Veterinaria)

17.- Inés Reinoso Gonçalves (Trasliste. Transportista)

18.- Jose Manuel Rivas Sadradín (A Pobra de San Xillao. Avogada).

19.- María Elena Del Río Rodríguez