Partido Popular de Lugo

O PP de A Montaña destaca o impulso da Xunta polo emprego ao conceder axudas a 4 Concellos para a contratación de persoas en risco de exclusión social

03, maio, 2019. O PP de A Montaña destaca o impulso da Xunta de Galicia polo emprego ao conceder axudas a catro Concellos para a contratación de persoas en risco de exclusión social e que son perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia. Trátase dos municipios de A Fonsagrada, Becerreá, Baralla e Negueira de Muñiz, que reciben máis de 96.000 euros para a creación de 8 postos de traballo.

 

Os populares agradecen a colaboración do Goberno de Feijóo porque, ademais de favorecer a inserción laboral de persoas que teñen problemas para atopar un traballo, pon a disposición de entidades locais novos traballadores para prestar un mellor servizo aos cidadáns.

 

O Executivo galego asume así a totalidade dos custos salariais dos contratados, é dicir, soldo e Seguridade Social, para un máximo do 75% da xornada. Deste xeito, o importe que reciben este municipios, así como o número de contratos, son os seguintes: A Fonsagrada (25.111, 26 euros. 2 traballadores), Baralla (25.167,78 euros. 2 traballadores), Becerreá (20.590,02 euros. 2 traballadores) e Negueira de Muñiz (25.168,14 euros. 2 traballadores). En todos os casos, o perfil ao que van destinados é o de peón.