3, maio, 2019. A candidata á Alcaldía do PP de Monforte, Katherinie Varela, presentoulle onte a súa lista aos afiliados nunha reunión que contou con numerosa participación e na que subliñou “a ilusión e as gañas de todos e todas de traballar por un Monforte mellor”.
A candidatura componse, tal e como explicou a cabeza de lista, de persoas moi comprometidas co partido. “Nestes momentos tan complicados, con gran disparidade política, estas persoas non dubidaron en unirse ao proxecto defendendo as siglas do partido desprendendo ilusión e gañas de traballar por un Monforte mellor”, precisa.
Representantes de todos os sectores sociais
Entre o equipo que compón a candidatura atópanse monfortinos autónomos e profesionais que ante todo queren a recuperación económica de Monforte. Súmanse históricos do partido como Milagros Fernández Rodríguez, ou José Rodríguez Liñares, xubilados que sempre prestaron o seu su apoio ao PP. Iván ou Manuel xa participaron en política activa como concelleiros e son afiliados desde hai moito tempo, e Roberto Eireos, coñecido empresario de hostalería na cidade, participou da política activa no partido desde os 18 anos.
Ademais de contar con outros veteranos, como Alejandro Sousa ou José Manuel Rodríguez, uniuse ao equipo de Katherinie Varela un grupo de xente moza con moito interese en cambiar o rumbo da nosa cidade, en clara decadencia. “Confiamos en chegar ao Goberno para recuperar o esplendor do que gozou no pasado e do que debería gozar no futuro”, engade.
A candidatura ultima xa o programa electoral, que nos vindeiros días darán a coñecer. O obxectivo, explica, é a recuperación e desenvolvemento demográfico e económico da cidade do Cabe.
Lista completa
1. Katherinie Varela Fernández
Avogada y ex empregada de banca
2. Roberto Eireos Saez
Empresario. Diversos negocios de hostalería. Concelleiro en Ferreira no último mandato.
3. Manolo Rodríguez Martínez
Empresario. Negocio de Ortopedia. Concelleiro en Monforte no mandato 2011 – 2015
4. Víctor Manuel Rodríguez López
Veterinario. Propietario Val da Lenda. Vocal Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra.
5. Milagros Fernández Rodríguez
Xubilada. Actual presidenta da asociación de veciños do barrio da Florida. Histórica e fundadora do partido popular en Monforte.
6. Iván Vázquez
Xefe de área de Monforte da Consellería do medio rural. Concelleiro en Monforte na actualidade.
7. Rodrigo Coucheiro Limeres
Enxeñeiro de Camiños e empresarios en Monforte de Lemos.
8. Lorena López López
Empregada administración de loterías e vicepresidenta da asociación ruliños.
9. Sandra Díaz Novoa
Licenciada en Ade. Traballa en Nortempo
10. María José Losada Touriño
Ciclo superior. Xefa de Recepción no Balneario de Ferreira.
Empresario. Organización de eventos.
12. Rocío Pena Silva
Diplomada en Turismo. Recepcionista no parador de Monforte.
13. José Rodríguez Liñares
Xubilado de Aqualia e histórico del partido.
14. Bibiana Rodríguez Lemos
Diplomada en Turismo, empregada en INDITEX.
15. José Manuel Rodríguez González
Presidente do Consello Regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra.
16. Ana María Díaz Novoa
Empresaria. Presidenta de NNGG durante oito anos.
17. Alejandro Sousa Escandón
Médico Urólogo. Ex presidente local do partido.