Partido Popular de Lugo

Os populares da Mariña destacan que os Concellos poidan crear 37 postos de traballo grazas ás axudas do Risga da Xunta

02, maio, 2019. As políticas da Xunta de Galicia que preside Alberto Núñez Feijóo permitirán que os Concellos da Mariña poidan contratar 37 persoas que son perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga). Trátase dunha iniciativa que os populares da comarca poñen valor, pois contribúe a que cidadáns en risco de exclusión social opten a un emprego.

 

Deste xeito, os candidatos de Mondoñedo, Elena Candia; Ourol, José Hermida; Cervo, Alfonso Villares; O Vicedo, Jesús Novo; Burela, Manuel Rouco; Ribadeo, Daniel Vega; e Viveiro, Óscar Rodríguez; destacan que a administración autonómica “dá unha oportunidade ás entidades locais para crear emprego, ao tempo que se cumpre un importante labor social, xa que estas axudas están destinadas a aquelas persoas que teñen máis dificultades para estar no mercado laboral”; cuestión, indican, “non é menor e debe de ser recoñecida publicamente”.

 

Concretamente, ao abeiro desta medida, a Xunta de Galicia inxecta directamente nos municipios indicados máis de 400.000 euros. O contratos, que teñen unha duración de nove meses fronte aos 7 da orde anterior, son para os seguintes perfís: varredor, peóns forestal, medioambiental e de obras, auxiliar de biblioteca, consexe, xardineiro e capataz.

 

Ribadeo, Burela e Viveiro os máis beneficiados

O Executivo galego asume a totalidade dos custos salariais dos contratados, é dicir, soldo e Seguridade Social, para un máximo do 75% da xornada. O importe que reciben este municipios, así como o número de contratos, son os seguintes: Mondoñedo (22.323,60 euros. 2 traballadores), Ourol (12.584,07. 1 traballador), Cervo (20.336,76 euros. 2 traballadores), O Vicedo (19.078,74 euros. 2 traballadores), Burela (112.0239.66 euros. 10 traballadores), Ribadeo (131.121,90 euros. 10 traballadores) e Viveiro (99.910,62 euros. 10 traballadores).