Partido Popular de Lugo

Lugo e Sarria, os dous Concellos da Zona Centro máis beneficiados polas axudas da Risga da Xunta

02, maio, 2019. Lugo e Sarria son os dous Concellos da Zona Centro máis beneficiados polas axudas da Risga da Xunta de Galicia. En total, son cinco as entidades locais –Lugo, Sarria, Friol, Castroverde e Outeiro de Rei- as que se acolleron a esta iniciativa, e reciben preto de 441.000 euros.

 

Trátase “de importantes fondos”, segundo destacan os populares destes municipios, pois, “grazas á colaboración do Goberno de Feijóo”, poderanse contratar 41 persoas en risco de exclusión social, e que son perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia.

 

O Executivo galego asume a totalidade dos custos salariais dos contratados, é dicir, soldo e Seguridade Social, para un máximo do 75% da xornada. O importe que reciben este municipios, así como o número de contratos, son os seguintes: Lugo (190.579,05 euros. 20 traballadores), Sarria (131.557,50 euros. 10 traballadores), Friol (50.335,92 euros. 4 traballadores), Outeiro de Rei (48.832,65 euros. 5 traballadores) e Castroverde (19.533,24. 2 traballadores).

 

“Cremos que debemos de poñer en valor estas axudas. Non só permiten que se contraten persoas que de por si teñen problemas para acceder a un emprego, senón que os propios Concellos dispoñen así de máis persoal para prestar un mellor servizo aos cidadáns”. E é que os perfís dos contratados son fundamentalmente peóns, encargados e oficiais.