Partido Popular de Lugo

A candidatura do PP de Monterroso, “un equipo unido” para configurar “un Goberno local forte” que desenvolva proxectos en beneficio dos veciños

2, maio, 2019. O Partido Popular de Monterroso presenta unha candidatura encabezada por Eloy Pérez que conta con “persoas serias e con gran capacidade de traballo” que conforman “un equipo unido que permitirá configurar un Goberno local forte e disposto a levar a cabo proxectos que beneficien a tódolos monterrosinos e monterrosinas primando o beneficio e o interese xeral sobre calquera interese particular ou partidista”.

 

Renovada nun 60% a candidatura coa que os populares concorrerán ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio está integrada por 14 persoas cunha media de idade en torno aos 40 anos que “decidiron dar un paso á fronte manifestando o seu compromiso co pobo de Monterroso”.

 

A este respecto, Eloy Pérez destaca “a mestura de persoas con experiencia no traballo no sector privado e outras con experiencia no ámbito da xestión en relación coas administracións locais, autonómica ou nacional”. Así mesmo, o alcaldable popular pon en valor que “a lista do PP conta con representantes dos distintos sectores económicos do noso municipio” dispostos a traballar para “reverter a parálise que vive Monterroso pola ausencia de novos proxectos e a falta de limpeza das súas rúas e mantemento das súas infraestruturas”.

 

Creación de emprego, fomento da natalidade e mantemento das infraestruturas

A candidato do PP á alcaldía de Monterroso fai un pequeno avance dalgunhas das liñas de traballo que forman parte do programa electoral dos populares centrado no asentamento de empresas no polígono empresarial que contribúan á creación de emprego e tamén no establecemento de medidas de apoio ás familias co obxectivo de fomentar a natalidade.

 

Igualmente, o popular sinala como prioritario “o mantemento e mellora das infraestruturas viarias rurais e urbanas, a mellora das condicións de limpeza do pobo e a reforma, mellora e ampliación de instalacións deportivas”. Así mesmo, ten en conta “a reforma e mellora da área recreativa da Peneda, a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público en todo o concello e a implantación da administración electrónica que permita facer os trámites coa administración municipal sen ter que desprazarse ata as instalacións do Concello”.

 

Candidatura

1. Eloy Pérez Sindín

2. Marcos Otero Ouro

3. Rocío Díaz Bao

4. María Felicidad Castiñeira

5. José Vence Pacior

6. Jesús Vázquez Penas

7. Silvia García Saavedra

8. Emilio José Núñez Méndez

9. Sonia Castro Portomeñe

10. Mario Veiga Fraga

11. María José Liñares García

 

Suplentes:

Ángel Marcos Portomeñe Rivas

Eloy Saá Fernández

María Isabel Meilán Otero