Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial Popular reivindica máis anchura de vía nas estradas provinciais ante a súa inseguridade

30, abril, 2019. O Grupo Provincial Popular segue reivindicando unha planificación da mellora das infraestruturas de comunicación provincial que contemple máis anchura destas vías. Así o expuxo a voceira dos populares, Elena Candia, durante a sesión plenaria celebrada este martes onde lembrou que “a anchura da calzada naquelas estradas que comunican capitais de comarca e que, polo tanto, soportan gran afluencia de tráfico, é insuficiente e perigosa porque impide a circulación de vehículos –tanto turismos, coma vehículos agrícolas ou do sector forestal- en condicións de seguridade”. Incluso Candia sinalou que “a mellora que se ten acometido no seu firme favorece o incremento da velocidade coa que se circula por elas e ten aumentado a sinistralidade”.

 

Os populares recollen así as reivindicacións dos veciños e veciñas trasladadas tamén polos alcaldes en relación á rede de estradas dependente da Deputación Provincial de Lugo e consideran que “a Deputación Provincial suspende en materia de estradas”. De feito, Candia puntualiza que “botamos en falta unha boa planificación na execución de melloras na rede de estradas de titularidade provincial”. Así mesmo, explicou que “só se intentou subsanar un pouco a situación destas estradas co Plan de Estradas que impulsou o propio Grupo Provincial Popular”. É máis, “o Goberno provincial do PSOE en minoría viuse obrigado a aceptar o plan proposto polos populares, pero incluso o xestionou mal e endebedouse”.

 

Lei 8/2013 de estradas de Galicia

A voceira popular sinalou, amosouse a favor de reducir dende os 15 ata os 7 metros a distancia mínima para edificacións con respecto ás estradas convencionais. Nese sentido, apuntou que “unha importante porcentaxe das vías provinciais conta cunha anchura de calzada de 6 metros, con importantes seccións de arcéns, cuneta e taludes; pero a Deputación Provincial non ten adquirido o terreo que puidera corresponder ao que a Lei 8/2013 define como dominio público adxacente. Esa franxa de terreo de 2 metros de anchura a partir do terreo adquirido como dominio público para a construción da estrada correspondente a unha zona de servidume comeza xusto no borde da explanación e, deste xeito, podería interpretarse que moitas estradas cunha sección de 3 metros de carril máis os 3,5 de arcén, cuneta e talud, estaríamos chegando a autorizar construción en 3,5 metros. E isto sería positivo tendo en conta as reivindicacións que nos demandan os nosos veciños e veciñas”, concluíu.