Partido Popular de Lugo

O Goberno do PSOE, reprobado por facer unha campaña electoralista á conta da Deputación

30, abril, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular consegue que o Pleno da Deputación reprobe ao Goberno socialista da Deputación por facer unha campaña electoralista á conta da administración pública co voto en contra soamente do PSOE, quen “perdeu a oportunidade de rectificar as súas prácticas máis propias dun Goberno chavista ou dunha república bananera que dun Estado democrático e serio”. En concreto, o PSOE atribuíuse a través de varias comunicacións o financiamento ou o desenvolvemento de obras en varios Concellos, cando é a Deputación a que acomete estas actuacións, grazas a uns orzamentos que tiveron que negociar co resto de grupos políticos.

 

Desde o Grupo Provincial Popular defenden que este tipo de anuncios “ademais de ser incorrectos son pouco éticos ao estar a empregar cuns fins partidistas e electoralistas os investimentos da Deputación”. Na súa moción, os populares poñen varios exemplos de notas de prensa como son as seguintes:

– 25 de marzo de 2019: “Os socialistas achegamos 2 millóns para actuacións no Saviñao. Iso é o castigo ao que se refire o señor Armesto?”. http://psoeprovincialdelugo.com/2019/03/os-socialistas-achegamos-2-millons-para-actuacions-no-savinao-iso-e-o-castigo-ao-que-se-refire-o-senor-armesto/

 

– 27 de marzo de 2019: “O PSOE financia con 2 millóns melloras en Barreiros como o arranxo da contorna do centro de San Miguel Reinante”. http://psoeprovincialdelugo.com/2019/03/o-psoe-financia-con-2-millons-melloras-en-barreiros-como-o-arranxo-da-contorna-do-centro-de-san-miguel-reinante/

 

– 9 de abril de 2019: “O PSOE financia con máis de 330.000 euros as obras para mellorar os 2 campos de fútbol de Taboada”. http://psoeprovincialdelugo.com/2019/04/o-psoe-promove-dende-o-goberno-da-deputacion-a-achega-mais-de-330-00-euros-as-obras-para-mellorar-os-2-campos-de-futbol-de-taboada/

 

Os populares critican esta práctica porque “estamos convencidos de que esta non é a maneira de facer política e que se está utilizando a Deputación de Lugo dunha maneira incorrecta”. A este respecto matizan que “os investimentos da Deputación nun Goberno en minoría decídense nun pleno da Corporación Provincial” e recordan que “é grazas a un compromiso serio e leal do Grupo Provincial porque, sen apoio, o Goberno provincial non sería capaz de sacar adiante os orzamentos e, polo tanto, tampouco eses investimentos que atribúen ao seu Partido”.

 

Ante isto, desde o Grupo Provincial Popular deixan claro que “o PSOE nin paga, nin financia as obras anunciadas”. Ademais, pídenlles que “a nivel institucional sexan respectuosos cos Concellos e máis cando existe un acordo plenario, no que se modificaron as bases do Plan Único para esixirlles que non incorreran neste tipo de prácticas”.

 

Moción

A moción do Grupo Provincial do PP consegue:

 

  • Reprobar o comportamento do Goberno Provincial ao estar a realizar un uso partidista e electoralista dos investimentos realizados pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

  • Esixir ao Presidente da Excma. Deputación Provincial de Lugo a que lidere institucionalmente como procede calquera comunicación institucional e respectuosa sobre investimentos en calquera concello da provincia.

  • Esixir ao Goberno Provincial a que cumpra escrupulosamente o establecido nas bases do Plan Único e que non volvan a incorrer neste tipo de prácticas.