30, abril, 2019. O candidato á alcaldía de A Fonsagrada, José Regueiro, lidera un equipo renovado case no 100%, xove e moi cualificado. Dos once integrantes da lista, nove son caras novas. E é que tan só o número once, que é concelleiro na actualidade, repite e, a número seis, fóra na lista noutros comicios municipais.
Por outra banda, destaca que a media de idade é de 40 anos, configurando así una candidatura “profundamente renovada e con futuro”.
Para o popular trátase, en definitiva, “do mellor que me podía acompañar”. “Formamos un grupo de persoas que coñecemos á perfección o noso concello e, estou convencido, que a súa calidade humana e profesional aportará eficacia á xestión municipal”. E é que, segundo apunta o cabeza de lista, “o que busquei dende o momento que tomei a decisión de presentarme polo meu pobo foi aglutinar perfís que poidan dar resposta ás necesidades que tanto nos reclaman os veciños”.
“Creo que con este equipo, o cambio é posible. Nelo levamos traballando dende meses, escoitando á xente e traballando para a xente. Co PP de A Fonsagrada, alternativa a un Goberno desgastado e a un alcalde máis preocupado por ir a Lugo que estar cos veciños, será posible”, remarca.
“Temos capital humano e presentaremos un programa con propostas nas que os veciños se sintan plenamente identificados. Presentámonos para gobernar, pero, sobre todo, para transformar o noso concello, aproveintando os recursos dos que dispoñemos e xerando novas canles de negocio e oportunidades laborais para os máis novos”. Precisamente, a lista que encabeza Regueiro caracterízase por unha media de idade xove, na que o protagonismo feminino “tamén lle dá un valor engadido á candidatura e á Fonsagrada”.
A lista ao completo
1.- José Luis Regueiro Fernández: 32 anos, natural de A Fonsagrada e licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Na actualidade, rexenta e dirixe varios negocios na localidade.
2.- Bernardo Xabier Niño Neira: 41 anos, natural de A Fonsagrada. Empresario.
3.- Amelia López Niño: 40 anos, natural de A Fonsagrada. Veterinaria.
4.- Yrma Fernández López: 41 anos De Pobra de Burón. Mestra.
5.- Adrián Fernández Fernández: 32 anos, de Vilamaior de Trobo. Comercial en industria cárnica e empresario.
6.- Rosario López Linares: 55 anos, de Cereixido. Gandeira.
7.- Carlos Fernández Vázquez: 39 anos, de Pacios de Mourisco. Enxeñeiro Técnico Agrícola e gandeiro.
8. -Maira López Lombardero: 36 anos, de Vilarmeán. Técnico en Hixiene Bucodental.
9.- José Manuel Álvarez Pérez: 39 anos, de Queixoiro. Administrativo.
10.- Nuria Capón Domínguez: 40 anos, de A Fonsagrada. Enfermeira no Centro de Saúde local.
11. – Antonio Rodil Álvarez: 43 años, de A Fonsagrada. Axente de seguros.
Suplente 1- Jéssica Fernández Fernández: 30 anos, de Rebordela (Carballido). Diplomada en Ciencias Empresariais, na especialidade de Xestión de Empresas e Recursos Humanos. Administrativa.
Suplente 2- José Fernández Riveras: 74 anos, de Paradavella. Xubilado.